Ola a todos e todas. Somos os pequenos vagalumes do CPI Ponte Carreira.
Neste espazo, creado para amosarvos e compartir o noso día a día, achegarédesvos ao fascinante e máxico mundo da educación infantil .
Agardamos a vosa visita e desexamos que o disfrutedes tanto como nós.
sábado, 31 de outubro de 2020
Letras Galegas
Hoxe celébranse as Letras Galegas, data que foi adiada pola Real Academia Galega, dado o estado de alarma que estabamos atravesando cando sería a súa data de celebración. Relanzamos pois todos aqueles traballos que fixemos xuntos dende o confinamento pois a figura de Ricardo Carvalho Calero ben o merece. Podedes ver todos os vídeos realizados na seguinte lista de resprodución da canle de youtube do Equipo de Dinamización da Lingua Galega
Ningún comentario:
Publicar un comentario