Ola a todos e todas. Somos os pequenos vagalumes do CPI Ponte Carreira.
Neste espazo, creado para amosarvos e compartir o noso día a día, achegarédesvos ao fascinante e máxico mundo da educación infantil .
Agardamos a vosa visita e desexamos que o disfrutedes tanto como nós.
luns, 30 de novembro de 2020
Lía e Lúa fanse maiores!!!
Hoxe foi día de festa na aula das vagalumes de 4º EI, pois ímonos facendo maiores e tivemos o primeiro cumpreanos do curso!!! LÍA e LÚA xa teñen catro aniños!!!
Non poidemos soprar as velas nin darlles un achuchón de felicitación, pero... cantámoslles "Cumpreanos Feliz", fixémoslles estas coroas tan chulas e lanzámoslles moito, moitos bicos.
MOITAS FELICITADES COMPIS!!! QUERÉMOVOS UN MONTÓN!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario