mércores, 29 de abril de 2015

Día da Familia

Queridas familias: 

Hoxe foi un día moi especial para nós. O vindeiro 15 de maio é o DÍA DA FAMILIA e hoxe empezamos a facer un agasallo. 

Non vos podemos dicir máis, só que o estamos a facer con todo o cariño que nos merecedes e que nos vai quedar "chuli, chuli". E que vos vai encantar. 

xoves, 23 de abril de 2015

Facemos marcapáxinas

E, despois diso seguimos celebrando. Fixemos uns fantásticos marcapáxinas:




Proxecto Lector no patio polo DÍA DO LIBRO

Hoxe foi un día especial: festexamos o día do libro e fixemos moitas actividades.
Durante o proxecto lector saímos ao patio cos nosos libros para disfrutar lendo ao aire libre. Gustounos moito e, de seguro, repetiremos. Aquí vos deixamos unha fotiños.

venres, 17 de abril de 2015

Naihara está de cumpreanos!!!

Hoxe festexamos o cumpreanos da nosa compi Naihara, que xa ten cinco aniños. Pasámolo xenial e desexámoslle moitas, moitas, moitas,... FELICIDADES.






QUERÉMOSTE COMPI!

xoves, 16 de abril de 2015

Concerto: O son que me arrola

Hoxe chegou a música e a tradición ao cole. O alumnado de Infantil e o de preescolar na casa tivo a visita de O son que me arrola, unha proposta musical que achega aos máis peques á musica tradicional galega.
Escoitamos cantos de berce, rimas,... e experimentamos e manipulamos diferentes instrumentos realizados con material de refugallo. E mesmo fixemos a nosa propia arpa.

venres, 10 de abril de 2015

Plantamos plataneiros

Hoxe a profe Diana trouxo uns plataneiros para plantar no patio do colexio. Coa axuda de Suso pasamos un anaco divertido. Agora a esperar que medren!!!




xoves, 9 de abril de 2015

Facemos coelliños de pascua

Hoxe fixemos uns deliciosos coelliños de pascua con pan de molde, xamón cocido, queixo, aceitunas e salchichas. Estaban riquísimos!!!


martes, 7 de abril de 2015

Árbore da primavera

Xa hai uns días que empezou a primavera, pero cos apuros de final de trimestre non tivemos tempo de adornar a nosa árbore das estacións.
Despois destas pequenas vacacións adicámonos a "vestir" a aula de primavera. Hoxe tocoulle á árbore














E así de fermosa nos quedou