domingo, 22 de febreiro de 2026
Entroido. A MAXIA DO MONTE VIVO!!!
MOITAS, MOITAS PERO QUE MOITAS GRACIAS familias por poñernos así de guapos; sen a vosa colaboración esta maxia non sería posible.
Os animais do monte non poderían quedar mellor e así de ben o pasamos no desfile de Entroido.
venres, 13 de febreiro de 2026
MANDADIÑOS DE XAN PERICÁN
Que semana divertida pasamos cumprindo os mandadiños de Xan Pericán. E que guapos viñemos ao cole. De cocciñeiros, cun peluche, cun detalle dourado, volta ao Nadal e disfrace libre.
xoves, 12 de febreiro de 2026
Lazo dourado
Hoxe cumprimos co mandadiño de onte do Meco e a Asociación de loita contra o Cancro Infantil (ASANOG) que nos mandou traer un detalle dourado e facer un gran lazo dourado. Onte o tempo non nolo permitiu pero hoxe sí e fixmeos o noso gran lazo en apoios a todos os nenos e nenas que están a pasar esta enfermidade. E tamén puxemos un tatoo na man, un agasallo de ASANOG
xoves, 5 de febreiro de 2026
Xoves de compadres!!!
Hoxe festexamos o xoves de compadres. Os raparigos tentamos coller o compadre ás raparigas e conseguímolo!!! Pasámolo pipa, pero elas terán a revacha o vindeiro xoves!!!
mércores, 28 de xaneiro de 2026
venres, 23 de xaneiro de 2026
xoves, 6 de febreiro de 2025
Entroido 2025
O alumnado de 5º e 6º de primaria preparou o progama de entroido 2025. Tomade nota que nos agarda un mes cheo de actividades!!!
mércores, 1 de marzo de 2023
Tempo de Entroido en 6º E.I.
Que ben o pasamos durante o Entroido na aula dos maiores. Festa, festa e máis festa que resumimos así:
ATA O ANO ENTROIDOOOOO!!!!
sábado, 18 de febreiro de 2023
Entroidooooo de conto
Que ben o pasamos no desfile de Entroido!!! Escollemos dous contos: A Cebra Camila e Pinocho e así de guapis nos puxemos
sábado, 19 de febreiro de 2022
XAN PERICÁN xa chegou!!!
E como os vagalumes máis peques lle collemos un pouco de medo fomos saudalo de cerca e tocalo. Algo de medo quitamos
Chegou o Entroido!!! COLGA DO MECO
Hoxe damos por inaugurado o Entroido no cole!!! Coa COLGA DO MECO inciamos unha chea de actividades para pasar o entroido ao grande.
martes, 23 de febreiro de 2021
O ENTROIDO PEQUENO E OS VAGALUMES DE 4 ANOS
O pasado venres, día 19, para despedir a este entroido tan diferente, celebramos o entroido pequeno. Encántanos porque podemos vir disfrazados do que queiramos. Así de guap@s estabamos. VIVA O ENTROIDO PEQUENO!!!
luns, 22 de febreiro de 2021
O ENTROIDO EN 5º DE INFANTIL
Este ano o Entroido foi un pouco diferente pola situación que nos toca vivir pero foi moi divertido. Como o tema deste ano foi o Camiño de Santiago fixemos un percorrido polo colexio facendo o camiño galego e en cada etapa un xogo.
Empezamos coa nosas credenciais sen cubrir.
domingo, 21 de febreiro de 2021
Entroido Pequeno en 4º de Infantil
O venres foi outra vez "festa" no cole. Celebramos o entroido pequeno e poidemos vir disfrazadas do que quixemos ao cole. Así de guapas viñemos:
venres, 19 de febreiro de 2021
XAN PERICÁN E OS VAGALUMES DE 5º DE E.I.
Os vagalumes de 5º de E.I. fixemos todos os mandadillos que nos mandou Xan Pericán . Somos mooooi obedentes. E así de guap@s quedamos.
mércores, 17 de febreiro de 2021
Imos a Santiago!!!
As vagalumes de 4º de Infantil facemos o noso particular Camiño dende O Cebreiro ata Santiago para acadar a Compostela. Queres velo? Pincha na imaxe









.jpg)






















