domingo, 22 de febreiro de 2026

A TROULA DO MONTE VIVO

Entroido. A MAXIA DO MONTE VIVO!!!

MOITAS, MOITAS PERO QUE MOITAS GRACIAS familias por poñernos así de guapos; sen a vosa colaboración esta maxia non sería posible. 

Os animais do monte non poderían quedar mellor e así de ben o pasamos no desfile de Entroido. 



Cociñamos Tirulicos!!!

O pasado xoves tivemos sesión de cociña!!! E non estivemos sós... acompañáronnos as raparigas de 3º EP para facer TIRULICOSSS!!!! E logo contamos coa axuda do noso cociñeiro Miguel para fritilos. Que ricos que estaban. Queredes ver fotos? Mirade mirade premendo na imaxe, que temos un montón delas. 

venres, 13 de febreiro de 2026

xoves, 12 de febreiro de 2026

Xoves de comadres

Chegou a revancha!!!


Lazo dourado

Hoxe cumprimos co mandadiño de onte do Meco e a Asociación de loita contra o Cancro Infantil (ASANOG) que nos mandou  traer un detalle dourado e facer un gran lazo dourado. Onte o tempo non nolo permitiu pero hoxe sí e fixmeos o noso gran lazo en apoios a todos os nenos e nenas que están a pasar esta enfermidade. E tamén puxemos un tatoo na man, un agasallo de ASANOG




mércores, 11 de febreiro de 2026

Día do amor, da amizade,...

Estes días tamén estamos traballando a amizade, o amor,... dada a proximidade da celebración do San Valentín. Participamos no concurso de debuxos organizado pola biblio do cole facendo un debuxo daquela persoas ou persoas, animais,... ás que queremos moito. E hoxe depositamos o noso corazón no buzón do amorrrr!!!


xoves, 5 de febreiro de 2026

Xoves de compadres!!!

 Hoxe festexamos o xoves de compadres. Os raparigos tentamos coller o compadre ás raparigas e conseguímolo!!! Pasámolo pipa, pero elas terán a revacha o vindeiro xoves!!!



Xogos sensorias de inverno

Estes días montamos varias mesas sensorias do inverno e gustánnos moito moito. Mirade que ben o pasamos. 


luns, 2 de febreiro de 2026