Amosando publicacións coa etiqueta Saídas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Saídas. Amosar todas as publicacións

venres, 27 de marzo de 2026

D´CINE

A tradición manda. Despedimos o segundo trimestre indo ao cine, fomos ver HOOPERS. 

Unha gran experiencia que disfrutamos un montón. Non sabemos se nos gustaron máis os flocos de millo e os gusanitos ou a película, jajaja. Aínda que a viaxe en bus tamén estivo xenial. 


xoves, 26 de marzo de 2026

Imos á feira

 Hoxe foi día de feira na Ponte. Hoxe fixo bo día. Resultado: IMOS Á FEIRA!!!! 


xoves, 5 de marzo de 2020

De aquí para alá

Onte fomos a un concerto didáctico a Santiago. Gustounos un montón. Mirade que fotos máis chulas

sábado, 26 de maio de 2018

Arte no cómic

O pasado 12 de marzo acudimos á exposición ARTE NO CÓMIC en Santiago e pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas. Queres velo? Pois... preme na imaxe e verás.


sábado, 6 de maio de 2017

Imos á lonxa de Sada

Que día máis xenial pasamos onte. E que sorte tivemos porque o tempo comportouse bastante ben.
Viaxamos ata Sada para visitar a Lonxa e o Porto, logo tomamaos unha merendola de productor do mar e fomos ata a Aula do Mar de Mera. Un dia 10.

xoves, 26 de xaneiro de 2017

Aquarium finisterrae e Domus

Que ben o pasamos na excursión de hoxe visitando a CASA DOS PEIXES e a CASA DO HOME da Coruña; foi xenial. Aquí unha mostra e nos videiros días moitas, moitas fotiños...




domingo, 4 de decembro de 2016

Casa-Museo Manuel María

Na maña do 5 de novembro, unha mañá moi fría, collemos rumbo a Outeiro de Rei para visitar a Casa-Museo de Manuel María, a quen se lle adicaron as Letras Galegas este ano. Aló tamén facía moito, moito frío pero adentrámonos nunha casa máxica, acolledora,... quentiña,... e pasamos un tempo achegándonos á figura de Manuel María, de como foi a súa vida na súa casa natal, o cuarto onde naceu, unha biblioteca cos leus libros, o seu estudio onde escribía, o salón,...
Hai o salón... a que non sabedes o que había naquel salón? Nin máis nin menos que un cofre e quedámonos coa dúbida de se Malapata sabía da nosa visita e quixo acompañarnos.


Despois, a media mañá saiu o sol. E saiu con forza, hai que agustiño se estaba... pois aproveitamos para saír ao que antigamente era a horta da casa e tomar alí a nosa merenda e xoguetear un pouquiño. 



sábado, 5 de novembro de 2016

Fomos de excursión...

Que ben o pasamos o mércores indo de excursión ata Santiago para ver o concerto musical PITUSA SEMIFUSA. Para ver algunhas fotos non tes máis que premer neste debuxo de Pitusa Semifusa


E como somos uns artistas tamén participamos nalgunhas cancións, coñecedes a alguén?. E botámoslle algún que outro baile. 

venres, 26 de agosto de 2016

Excursión Á Coruña

Para despedir o curso fomos á Coruña, visitamos o Museo Militar, o Castelo de San Antón e fomos ao cine. Se queres ver fotiños, clica na foto e verás:


https://goo.gl/photos/Z8xDRMMGRX2bmFzj6


venres, 5 de agosto de 2016

Outra excursión...

Que ben o pasamos nesta excursión. Concerto de música e logo visita á casa do mel. Un día xenial.


 

luns, 26 de outubro de 2015

Saímos apañar castañas....

O pasado 21 de outubro saímos apañar castañas, landras, follas,... Fomos todos os vagalumes e pasámolo xenial.

luns, 9 de marzo de 2015

Imos a un concerto

Hoxe fomos cos compis de 1º, 2º e 3º de primaria a Santiago para asistir ao concerto PEDRO E O LOGO de Sergei Prolofiev no Auditorio de Galicia. Na obra participou a REAL FILARMONÍA DE GALICIA e o grupo de títeres PERC POC



E, con este día tan fantástico que tivemos, non podíamos voltar ao cole sen pasar un anaco nun parque próximo. Foi moi divertido.

De volta ao cole, non podíamos máis. Foi un día xenial

sábado, 7 de marzo de 2015

Pedro y el Lobo

O luns imos de excursión!!!
Imos ao Auditoria de Galicia para ver "Pedro e o lobo". Aquí vos deixamos a clásica animación de Disney, realizada en 1946 y basada en la música de Sergei Prokofiev.


xoves, 23 de outubro de 2014

Saímos apañar castañas!!!

Mirade que ben o pasamos recollendo castañas, follas, landras,...



E MIRADE CANTO TRABALLAMOS!!!


venres, 3 de outubro de 2014

SAÍMOS DE EXCURSIÓN...

Hoxe foi un día especial para nós; fomos ver OS MÚSICOS DE BREMEN. Pasamos algún medo e caéronnos algunhas bágoas pero gustounos moito, moito.


Pero o que máis nos gustou foi ver ao noso profe Julio enriba do escenario. Mirade, mirade:

xoves, 2 de outubro de 2014

Imos de excursión...

Mañá faremos a nosa primeira excursión do curso 2014-2015. Imos ata Santiago para ver "Os músicos de Bremen".