venres, 30 de xaneiro de 2026

DÍA DA PAZ

Hoxe é o Día da Paz. E celebrámolo co noso tradicional chiculate con churros. Rico, rico,...

E guapísimos estamos con estas medallas que fixemos. 


xoves, 29 de xaneiro de 2026

Día do puzzle

Hoxe facendo as rutinas decatámonos que no calendario, nas efemérides poñía DÍA DO PUZZLE. E así o fixemos, o noso primeiro "traballo" do día foi a súa celebración sumerxéndonos no mundo dos crebacabezas. 








sábado, 24 de xaneiro de 2026

Día Internacional da Educación

 Hoxe é o Día Internacionald a Educación, unha data para lembrar que aprender é un dereito fundamental e unha das ferramentas máis poderosas para poder contruír un futuro mellor e máis xusto e con oportunidades para todos. En colaboración do Obradoiro CAB fixemos este fermoso vídeo, unha experiencia chea de ilusión porque educar é acompañar, compartir e abrir camiños. 

venres, 16 de xaneiro de 2026

Abellas na escola

Hoxe aprendemos moitas cousas da abellas, probamos mel e fixemos unha candea de cera. Pasámolo moi ben. Mirade, mirade. 

mércores, 14 de xaneiro de 2026

Cumple de Sofía Mandayo

Hoxe Sofía Mandayo faise maior e cumpre 6 aniños!!! E, como non podía ser doutro xeito, festexámolo por todo o alto. 


xoves, 8 de xaneiro de 2026

FESTA DE NADAL

Queres ver que ben o pasamos na festa de Nadal? E o noso baile? Deixámos por aquí moitas cousiñas

Cumple de Anxo Andrade

E veña festa!!! Anxo estivo de cumpreanos nas vacacións de Nadal pero non queixo deixar de pasar a oportunidade de celebralo no cole. E xa son 4 aniños!!! 


Agasallos!!!

Que sorpresa nos levamos hoxe ao chegar ao cole de volta das vacacións de Nadal!!! A árbore estaba rodeada de agasallos para todos e todas. Non sabemos quen foi, se o Apalpador, Papá Noel ou os Reis Magos; ou quizais un pouquiño de cada un deles. O caso é que nos fixo moita ilusión abrilos e buscar o paquetiño que tiña o noso nome. 


Volvemossss!!!!

😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊EN BREVE ACTUALIZAREMOS CON COUSIÑAS DO PRIMEIRO TRIMESTRE!!!!

😉😉😉😉😊😊😊😊😍😍😍😍