Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto Bebés. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto Bebés. Amosar todas as publicacións

domingo, 22 de marzo de 2015

Cómo nacen os bebés?

Hai uns días preguntando aos meus vagalumes como nacían os bebés, sairon respostan moi variadas. Aquí vos deixo este pequeno mural: 


venres, 20 de marzo de 2015

Embarazad@s!!

Unha das actividades que fixemos cando empezamos a traballar o proxecto dos bebés foi convertirnos en mamás embarazadas. Metemos un globo na barriga e experimentamos diferentes sensacións. 

Despois de andar un pouquiño con esta "barrigola" tentamos sentarnos e levantarnos. Moi moi difícil pero rimos un montón.



E, finalmente, sentamos na cadeira e comprobamos o difícil que é traballar con tanta barriga.




xoves, 19 de marzo de 2015

Practicando cos nosos "bebes": vestímolos, sacámolos de paseo e deitámolos

Hoxe adicamonos a vestir os nosos "bebés" (bonecos que temos na aula). Unha tarefa bastante difícil e que nos levou un tempo facelo pero, os final, conseguímolo.... 



E algúns de nós memos nos atrevemos a darlles a "teta", a "aculanos" no regazo e a collelos en ombreiros. 


















Xa estaban listos para saír a dar un paseo. Os máis pequenos no cocheciño e os outros na silliña.


E despois deste día tan intenso tocou deitalos para que descansasen; e tapámolos coa mantiña que trouxo Elba.



martes, 10 de marzo de 2015

Prácticas co pañal

Hoxe estivemos tentando poñerlle o pañal ao "bebé". Unha tarefa un pouco difícil, pero ao final todos logramos poñerllo.






















venres, 6 de marzo de 2015

Así somos na barriguiña de mami

Hoxe aprendemos que cando estamos na barriga de mami aínda non somos bebés; chámannos fetos. 
E fixemos o noso feto.

























E así nos quedaron os nosos fetos: 

 
 
 

xoves, 5 de marzo de 2015

Practicando co biberón

Hoxe estivemos practicando co biberón e os bonecos da aula. Mirade que bo xeito temos:







  
 E como non podía ser doutro xeito, nós tamén nos convertimos en bebés por un momentiño de nada e... TOMAMOS O BIBERÓN!!!