Amosando publicacións coa etiqueta Contacontos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Contacontos. Amosar todas as publicacións

venres, 15 de maio de 2020

sábado, 7 de marzo de 2020

Contacontos Kalandraka

O xoves visitáronnos Sara e Álex que dende a editorial Kalandraka  nos viñeron contar uns pouquiños contos. Coma sempre, quedamos encantados coa súa visita e gustáronnos moito. Agora fotiños pero xa vos amosaremos algún vídeo do ben que o pasamos

mércores, 4 de marzo de 2020

Kalandraka.... vén ó cole!!!

Mañá recibiremos, un ano máis, a Sara e Álex da editorial Kalandraka. Uns contadores de contos con música xeniais e que nos gustan moito, moito.


domingo, 26 de maio de 2019

Contacontos Kalandraka

Aínda nos vos amosaramos o ben que o pasamos o 14 de febreiro con Sara e Álex, de Kalandraka, e todos os contos e historias que nos contaron. Preme na imaxe e verás.


martes, 4 de decembro de 2018

UNS CONTACONTOS MOI ESPECIAIS

Hoxe todos os vagalumes e os nosos compañeiros de 1º fumos a un sitio moi especial que nos fixo moita ilusión, o colexio dos maiores. Alí levamos unha sorpresa moi agradable xa que os nenos e nenas da ESO contáronnos uns contos moi chulis. Que ben o fixeron! Como nos gustou! NORABOA!!



xoves, 2 de febreiro de 2017

Contacons con... PACO NOGUEIRAS

O pasado 24 de xaneiro disfrutamos dunha sesión de contacontos especial; o encargado de facela así foi Paco Nogueiras, todo un artistazo, que ademáis toca calquera instrumento que se lle poña por diante. Pasámolo xenial, clica na imaxe e verás

https://goo.gl/photos/SqFKqZ4MEVtBb1r57

E aquí unha mostra videográfica:


xoves, 26 de febreiro de 2015

Contacontos Kalandraka

Onte tivemos a honra de contar no colexio con Patricia e Álex, dous magníficos contadores de contos que nos fixemos pasar un bo anaco divertido léndonos contos da editorial Kalandraka.
Léronnos varios contos "SACAPENAS", "TÍO LOBO" e "ONCE DAMAS DIVERTIDAS".

E tamén nos agasallaron cun "sacapenas" para cada aula para que nos axude a superar os nosos medos.


E invitáronnos a facer un sacapenas para cada un de nós. Xa estamos "mans á obra", así que nos vindeiros días amosarémosovos o resultado.