Amosando publicacións coa etiqueta Letras Galegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Letras Galegas. Amosar todas as publicacións

sábado, 8 de maio de 2021

Gravando, gravando...

Esta semaniña en 4º EI estivemos moi atarefados. Ademáis de recibir aos novos compis, tamén fixemos as gravacións para a actuación da Romaría das Letras Galegas. Fixémolo en varias xornadas, coma auténticos profesionai e así tamén participan nel Lucas e Sofía. E aproveitamos que o tempo estivo da nosa parte e fixemos anaquiños no patio e así poder quitar por uns intres as máscaras e amosarvos as nosas "cariñas guapas". Deixámosvos un adiante en fotos


MÓVETE. LETRAS GALEGAS 2021 de Ed. Infantil Ponte Carreira

sábado, 31 de outubro de 2020

Letras Galegas

Hoxe celébranse as Letras Galegas, data que foi adiada pola Real Academia Galega, dado o estado de alarma que estabamos atravesando cando sería a súa data de celebración. Relanzamos pois todos aqueles traballos que fixemos xuntos dende o confinamento pois a figura de Ricardo Carvalho Calero ben o merece. Podedes ver todos os vídeos realizados na seguinte lista de resprodución da canle de youtube do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

domingo, 17 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

Hoxe sería o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, pero dada situación de alarma sanitaria na que nos atopamos, a RAG deciciu adialas para o 31 de outubro (data de nacemento de Ricardo Carvalho Calero, autor hoxemenaxeado no 2020). Pero nós xa temos fomos facendo cousiñas moi bonitas dende a distancia. Aos vagalumes tocounos recitar o poema de Rosalía de Castro "Adios ríos, adios fontes". 

Mirade, mirade, a ver que vos parece. Pero xa vos adiantamos que nos quedou xenial.

 

venres, 15 de maio de 2020

mércores, 13 de xuño de 2018

Actuacións Letras Galegas

E aquí vos deixamos as nosas actuacións na X Romaría das Letras Galegas. Estamos subindo os vídos dos demáis cursos, nos vindeiros días podes velos no blogue do EDLG: natualingua.blogspot.com


xoves, 17 de maio de 2018

X ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS

Queres ver que ben o pasamos na X ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS???? Adicadas a María Victoria Moreno. Preme na imaxe e verás. Nos próximos días subiremos os vídeos das nosas actuacións




Puzle letra Galegas 2018

Todo comezou cuns anacos de papel en branco para converterse nalgo fantástico. Queres velo? Pois dalle ó play e disfruta...

María Victoria Moreno, Letras Galegas 2018

Esta é a nosa pequena homenaxe ás nosas letras, AS LETRAS GALEGAS 2018

mércores, 17 de maio de 2017

LETRAS GALEGAS

Hoxe celebramos o día das letras galegas adicado a Carlos Casares e nos regalaron uns contos que gustounos moito!










martes, 16 de maio de 2017

IX Romaría das Letras Galegas

Hoxe festexamos a xa IX ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS no cole; pasámolo xenial. Se queres ver fotiños de todas as actuacións, do agasallo que nos entregaron e do noso xantar popular preme na imaxe. 



En breve subiremos os vídeos das nosas actuacións, pero leva un bo anaco e agora toca descansar e mañá celebrar as LETRAS GALEGAS como se merece. 

domingo, 4 de decembro de 2016

Casa-Museo Manuel María

Na maña do 5 de novembro, unha mañá moi fría, collemos rumbo a Outeiro de Rei para visitar a Casa-Museo de Manuel María, a quen se lle adicaron as Letras Galegas este ano. Aló tamén facía moito, moito frío pero adentrámonos nunha casa máxica, acolledora,... quentiña,... e pasamos un tempo achegándonos á figura de Manuel María, de como foi a súa vida na súa casa natal, o cuarto onde naceu, unha biblioteca cos leus libros, o seu estudio onde escribía, o salón,...
Hai o salón... a que non sabedes o que había naquel salón? Nin máis nin menos que un cofre e quedámonos coa dúbida de se Malapata sabía da nosa visita e quixo acompañarnos.


Despois, a media mañá saiu o sol. E saiu con forza, hai que agustiño se estaba... pois aproveitamos para saír ao que antigamente era a horta da casa e tomar alí a nosa merenda e xoguetear un pouquiño.