mércores, 30 de setembro de 2015

Festexamos o cumpreanos de Icía

Hoxe tivemos festa na aula dos vagalumes de 4 anos. A nosa compi Icía estivo de cumpreanos uns días antes de comezar o colexio e hoxe quixo festexalo con todos nós.

Pasámolo xenial, sobre todo comendo esta tarta-tren tan riquísima que fixeron os seus papis, e todas as chuches coas que nos agasallou.
Sopramos as candeas, comemos, cantamos, bailamos,...

































xoves, 24 de setembro de 2015

O cumpre de Arianna

Hoxe na aula de 6º de E.I. festexamos o cumpreanos da nosa Arianna, xa ten 5 anos. A súa mami trouxonos unha tarta en forma de bolboreta moi chula que estaba boísima uhhhh!! Sopramos as velas e cantamos. Pero iso non foi todo porque tamén houbo agasallos para todos e moitos bicos. FELICIDADES ARIANNA!!!













Xa comemos no cole!!!

Hoxe foi o primeiro día que comemos no colexio. Moi nervisosos entramos no comedor, uns comemos máis ca outros, algúns durmimos, outros choramos un pouquiño,... pero non foi tan mal. E mañá iramos mellor.









mércores, 23 de setembro de 2015

Ainara está de cumple!!!


Hoxe foi día de festa na aula dos vagalumes de catro anos. Demos a benvida ao outono e.... festexamos co cumpreanos da nosa compi AINARA, que xa ten catro aniños.

Pasámolo moi ben neste día especial para Ainara. Axudámoslle a soprar as candeas, cantámoslle moitas cancións, démoslle moito, moitos bicos porque nos trouxo moitos regalos (tarta e chuches) e bailamos ata cansar. 





































Libriño do verán

Hoxe rematou o verán e demos a benvida ao outono. Os vagalumes de 4 anos aproveitamos que os derradeiros días de verán coinciden co comezo de cole para facer o noso libriño do verán e así ter completa a colección das estacións. Mirade que fermosos nos quedaron.















venres, 18 de setembro de 2015

Sorpresa!!!!

OTO, a mascota do vagalumes de 4 anos xa chegou ao cole despois destes meses de vacacións cos seus amiguiños LÚA e BIMBA (que tamén andan polo colexio).
Menuda sorpresa nos levamos cando oímos un ruído estrano que viña do corredor.


A porta abriuse e... alí estaba OTOOOOOO. Agardando a que lle mandásemos pasar, porque é moi educado. Foi José o que se decidiu a collelo.


Despois todos lle demos unha benvida á nosa aula que, de seguro, non esquecerá. Díxonos que está encantadísimo de coñecernos e que está desexando emprender aventuras con cada un de nós, pero primeiro quere pasar uns días na aula para coñecernos mellor e logo.... visitará as nosas casas.



BENVIDO OTO!!!

martes, 15 de setembro de 2015

Paula xa ten tres aniños!!!

Hoxe festexamos o primeiro cumpreanos a aula dos novos vagalumes. PAULA ESTÁ DE CUMPREANOS, e os compañeiros que vimos con ela ao cole axudámoslle a soprar as candeas.



O cumpre de Esteban

Esteban xa ten 5 anos e hoxe celebrámolo na clase. Comimos moitas chuches e o cumpreañeiro regalounos uns agasallos moi bonitos. Moitas gracias Esteban e MOITAS FELICIDADES!!!






luns, 14 de setembro de 2015

Álex cumpre 5 aniños

Hoxe na clase dos maiores celebramos o cumpreanos de o noso Álex que xa fixo 5 anos. Sopramos as velas e cantamos,  pasámolo moi ben MOITAS FELICIDADES!!!




Xa somos os vagalumes maiores!!!

Así de felices arrincamos este noso derradeiro curso de vagalumes que, de seguro, vai ser xenial. Empezando así de contentos... todo irá xenial.




Xa estamos outra vez aquííííí

E aquí os vagalumes de catro aniños. Nestes dous primeiros días de cole disfrutamos un montón. Xa tiñamos moitas, moitas, pero que moitas ganas de vernos.




O noso primeiro día de cole

Somos os vagalumes de tres aniños. Xa levamos dous días de cole, algúns choramos un pouquiño pero de seguido o empezamos a pasar xenial.




xoves, 10 de setembro de 2015

mércores, 9 de setembro de 2015

Arrincamos!!!!!!!!!!

Xa temos todo listo para mañá. Estamos desexando vervos, pois xa vos botamos moito, moito de menos. Mañá unha xornada de benvida chea de sorpresas!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!


sábado, 5 de setembro de 2015

Benvidos ao curso 2015-2016

Ola vagalumes, arrinca un novo curso cheo de novidades e novas ilusións.
A familia vagalume aumenta e xa somos tres aulas, que estamos preparando para vós con moitísima ilusión e gañas de volver a vervos.
Para empezar convocávosmos a unha reunión o vindeiro luns ás 11.00 hs, para informarvos sobre o desenvolvemento do curso.
Agardámosvos e... benvidos ao curso 2015-2016.

As mestras de infantil: Bea, Diana e Rosario.