venres, 30 de outubro de 2015

Xogando e aprendendo cos nomes

Ao longo desta semana fixemos moitas actividades e xogos cos nomes. Emparellamos as tarxetas dos nomes coas fotos, copiamos os nomes, construímos nomes, facemos encrucillados,... Mirade, mirade, que ben o estamos a pasar.






















 



xoves, 29 de outubro de 2015

Cociñamos polo Samaín

Arrincamos o noso curso de cociña 2015-2016 neste día de Samaín no colexio. Fixemos morcegos, pantasmas, cabazas,... de sandiwich, mostruos e momias. Pasámolo xenial e o mellor de todo.... ESTABAN RIQUÍSIMOS.

Nomes de neno e de nena

Seguimos a traballar cos nosos nomes. Hoxe tocou o xénero dos nomes: maculino-neno e feminino-nena.
Repartimos as tarxetas dos nomes, de xeito que a ninguén lle tocase o nome de cada un. Logo pegámolas enriba da silueta dun neno ou dunha nena segundo fosen nomes maculinos (nomes de neno) ou femininos (nomes de nena). Fixémolo moi ben.

















E AQUÍ O RESULTADO FINAL. E DÉMONOS CONTA QUE HAI O MESMO NÚMERO DE NOMES DE NENO CA DE NENA.


mércores, 28 de outubro de 2015

Nome e apelidos

Que ben o pasamos hoxe. Tivemos que buscar unhas tarxetas co noso nome e apelidos. E logo escribímolos nunha fichiña.











Lara está de cumpreanos. E xa ten tres aniños!!!

Hoxe a nosa vagalume Lara fíxose un poquiño maior, pois xa ten tres aniños. Trouxonos un tren-tarta que estaba riquísimo e comémolo todo, todo, todo. E tamén nos agasallou cunha bolsiña de chuches para cada un de nós.





FELICIDADES LARA, QUERÉMOSTE...