xoves, 31 de marzo de 2016

Facemos torrixas!!!

Hoxe os vagalumes de 4 anos cociñamos novamente no cole e... fixemos torrixas. Primeiro mollamos o pan en leite, diexámolo repousar uns minutos e, despois de mollalo en ovo... á freidora. Deixámolas sobre unha servilleta para que absorvera o aceite, espolverexémoslles un pouquiño de azucre e... LISTAS PARA COMER!!! QUE RICAN ESTABAN!!!!


Aquí unhas fotiños da nosa xornada culinaria:

mércores, 30 de marzo de 2016

Fabián Manteiga xa ten 5 aniños

O vagalume Fabián Manteiga estivo de cumpreanos nas vacacións de Semana Santa e hoxe quixo festexalo connosco.
A súa mami fixo unha tarta da Patrulla Canina riquísima, que comemos case toda. E ademáis deunos un paquetiño de chuches a cada un de nós.

MOITAS GRAZAS FABIÁN, QUERÉMOSTE!!!!!!!!!!






























MOITAS, MOITAS FELICIDADES COMPI!!!1

luns, 28 de marzo de 2016

Somos campións

Deste xeito damos por rematado o noso proxecto dos Xogos Olímpicos, no que parendemos moitas cousas sobre as olimpíadas.










































PRÓXIMA AVENTURA: OS CASTELOS

domingo, 27 de marzo de 2016

Peque Olimpíadas

E para rematar o noso proxecto dos Xogos Olímpicos organizamos as nosas "Peque Olimpíadas", nas que practicamos deportes como: salto, carreira, marcha, obstáculos, salto de altura, lanzamento de martelo e xabalina, paralelas e ximnasia rítmica con cinta. Mirade que ben o pasamos...

venres, 18 de marzo de 2016

Celebrando o San José

E seguimos coa festa os vagalumes de 5º de infantil. O noso compi José quixo festexar o seu santo con todos nós e trouxonos uns agasallos, pero o que máis nos alegrou foi que viñese José porque estivo "pachuchiño" toda a semana e fixo o esforzo de vir un anaquiño para traernos o agasallo na compaña da súa mamá e do seu irmá Hugo, que tamén está maliño. Moitas grazas compi e que te recuperes axiña (e Hugo tamén). 



QUERÉMOSTE MOITO, MOITO.