mércores, 31 de maio de 2017

Unha visita especial

O pasado 25 de maio tivemos unha visita especial. Santi, o papá de Elba e Nadya veu ata o cole a contarnos cousiñas das abellas porque sabe un montón. Ademáis trouxonos para probar mel de varios tipos. polen, propóleo e xalea real. 
Queredes ver fotos?... Xa sabedes, premede na imaxe. 




MOITAS GRAZAS SANTI!!!

xoves, 25 de maio de 2017

Seguimos co proxecto das abellas

 Os nen@s de 4 anos están facendo abellas moi chulas de plastilina para decorar o cole, aquí vos deixamos unha mostra das manualidades que fan.
Ademais hoxe probaron o propóleo e a algúns nen@s gustoulle moito para prever as enfermidades!











mércores, 24 de maio de 2017

Como medraron as nosas lentellas!

Aquí vos mostramos as fotos das lentellas que plantamos na clase para que vexades o ben que as coidaron e como medraron.





mércores, 17 de maio de 2017

LETRAS GALEGAS

Hoxe celebramos o día das letras galegas adicado a Carlos Casares e nos regalaron uns contos que gustounos moito!










martes, 16 de maio de 2017

IX Romaría das Letras Galegas

Hoxe festexamos a xa IX ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS no cole; pasámolo xenial. Se queres ver fotiños de todas as actuacións, do agasallo que nos entregaron e do noso xantar popular preme na imaxe. 



En breve subiremos os vídeos das nosas actuacións, pero leva un bo anaco e agora toca descansar e mañá celebrar as LETRAS GALEGAS como se merece. 

Día das familias

Para celebrar o día das familias fixemos este regalo para que sempre o recorden: as mans dos nenos/as de 4 anos.













xoves, 11 de maio de 2017

LEDICIA-TRISTEZA

Os vagalumes de 5 anos levamos un tempo traballando as emocións básicas. Hoxe deixámosvos dúas delas, das que xa sabemos que son contrarias. Despois de xogar coas cartas das emocións e responder ás preguntas do Sabio chegamos ás seguintes conclusións: 



martes, 9 de maio de 2017

Día de Europa

Hoxe festexamos o Día de Europa. Xa coñecemos a súa bandeira e a súa moeda e miramos Europa no mapa; e custounos un pouquiño entender que somos cidadáns europeos (en son de Aiazo, eu do Pino,... 😅😅😅). E como europeos que somos fixemos un fermoso carnet. Mirade, mirade













E logo "posamos" diante da bandeira e do mapa de Europa