martes, 28 de novembro de 2017

CUMPRE DE ULISES


Onte celebramos na clase de 4 anos o cumpre de Ulises, o noso vagalume máis pequecho. Pasámolo moi ben comendo a tarta que trouxo e xogando cos dinosaurios que había nas chuches. Por suposto tamén sopramos a tarta , cantamos e démoslle moitos, moitos bicos. FELICIDADES ULISES!!







venres, 24 de novembro de 2017

CUMPRE DE OMAR

Hoxe na clase de 4 anos tivemos festa, celebramos o cumpre do noso Omar. Sopramos a vela do catro, cantamos e tomamos unha chuche das que nos trouxo . Pasámolo moi ben. MOITAS FELICIDADES!! QUERÉMOSTE!!







luns, 20 de novembro de 2017

CARREIRA SOLIDARIA

No día de hoxe, @s alumn@s de todo o colexio saímos ao patio para realizar a nosa carreira solidaria coa que axudar aos máis desfavorecidos en África, en colaboración coa ONG "Save the Children".
Non sabedes o que corremos!!! Aquí vos deixamos unha mostra do ben que o fixemos.






Uffff... menuda carreira... acabamos moooi cansos pero contentos do ben que o fixemos tod@s!!

Carreira Solidaria

Hoxe é o noso día, O DÍA DO NENO. E no cole organizamos a XIV Carreira Solidaria, en colaboración coa ONG "Save the children", para axudar ós nenos e nenas de África. Xa vistes algunha fotos dos vagalumes de tres anos pero... aquí vos deixamos moitas, moitas fotos de todos os vagalumes en acción, tamén o resto dos alumnado e algún mest@a que se animou. Son uns campións... Queredes velos? Premede na imaxe. 



domingo, 19 de novembro de 2017

CUMPRE DE TEO.

O mércores 14 de novembro, na aula de 6º de E.I., celebramos o cumpre de Teo Meijide. Troúxonos unha tarta preciosa con planetas, marcianos, estrelas...non lle faltaba detalle. Era tan chula que case nos daba pena comela. MOITAS GRAZAS E MOITAS FELICIDADES TEO!!!







mércores, 15 de novembro de 2017

Día do Peón

Xa vistes a nosa fotiño cos peóns, pero agora deixámosvos máis fotos da nosa xornada adicada ao Peón. Nela pequenos e maiores tentamos facelos bailar, uns conseguímolo, outros non, pero todoso o intentamos. 



martes, 14 de novembro de 2017

MAGOSTO

O venres 10 de novembro celebramos tamén o Magosto e fixémolo xogando coas castañas e por suposto coméndoas. Pasámolo moi ben, ahí tedes a mostra.


DÍA DO PEÓN

O pasado venres celebramos o día do peón, e para conmemorar este día os vagalumes fixemos uns peón moi chulis e que bailaban fenomenal.








martes, 7 de novembro de 2017

O Samaín na biblio

Na derradeira semana de outubro celebramos o Samaín. Un ano máis, os mestres Fran e Julio deixaron saír a súa faceta artística e fixéronnos pasar uns minutiños.... de algo de medo, risas, choros, máis risas. 
Un bruxo na busca de Aigor.... esta é a historia que nos contaron na biblio. E viñéronnos buscar polas aulas. 

sábado, 4 de novembro de 2017

SAMAÍN

Nesta semana do Samín os vagalumes de 5 anos traballamos un montón e pasámolo de medo.

Queríamos facer unha cabaza relacionada co universo e....que podemos facer? UNHA NAVE ESPACIAL!!! Para facela baleiramos e pintamos a cabaza e fixemos uns marcianos.



ESTE FOI O RESULTADO.



Pero tamén pintamos unha lápida para decorar o cole.



E ademáis elaboramos UNS OLLOS MONTRUOSOS!!!





                                  Que daban un pouco de medo pero... estaban riquísimos!



Para rematar a semana, tamén fixemos para nós, ollos terroríficos. A ver si vos atrevedes a adiviñar quenes somos.



venres, 3 de novembro de 2017

Cumple de Lara

Hoxe celebramos o cumple de Lara. Comimos unha tarta de chocolate que estaba boísima e troúxonos unhas chuches que nos gustaron moitíííísimo. Grazas e moitas felicidades LARA!







 

SAMAÍN

Nesta semana celebramos o Samaín, e na clase de 4 anos estivemos moi moi ocupados.
Fixemos unha cabaza que primeiro baleiramos e despóis pintamos, fixemos tamén uns antifaces de ollos de monstruos e cociñamos mouchos e pantasmas de galletas. TERRORÍFICOOO!!!





mércores, 1 de novembro de 2017

SEMANA TERRORÍFICA!!

Ao longo desta semana, os vagalumes vivimos diferentes momentos e emocións: risas, sorpresas e algún que outro susto!! Do que sí non nos imos esquecer é do ben que o pasamos.
Mirade que recordos nos van quedar do noso primeiro Samaín no cole!!

Comezamos a semana pintando a nosa cabaza!





E rematámola coma verdadeiros Monstros!!





 Que medo!!!