Os vagalumes de 5 anos despedímonos de Exipto disfrazándonos dunha das raíñas do antigo exipto máis coñecidas, a Raiña Nefertiti, que levaba un sombreiro moi especial. Mirade que guapos estamos coa nosa pose de exipcios.
Marchamos para India, un país máxico onde aprenderemos algunhas curiosidades de como viven alí e a importancia duns animais enormes, os elefantes.
mércores, 28 de novembro de 2018
luns, 26 de novembro de 2018
CUMPRE DE ULISES
Hoxe na clase de 5 anos tivemos festa porque celebramos o cumpreanos de o noso Ulises.
Comimos unha tarta que traía unas chuches moi ricas que nos gustaron un motón e Ulises repartiu unhas bolsas de golosinas monstruosas moi chulas.
Comimos unha tarta que traía unas chuches moi ricas que nos gustaron un motón e Ulises repartiu unhas bolsas de golosinas monstruosas moi chulas.
MOITAS FELICIDADES ULISES!!!
DEIXAMOS ATRÁS EXIPTO
Non sabesdes a de cousas que estamos aprendendo con este proxecto e o pouco tempo que temos para adicarlle a cada un dos países.
Gustaríanos poder disfrutar de máis tempo para poder exprimir ao máximo todo o material que nos enviades dende as vosas casas.
Mirade estas pirámides tan chulas que Gabriel e Manuela fixeron coa axuda das súas familias.
Todo un traballo de arquitectura!
mércores, 21 de novembro de 2018
CUMPRE DE OMAR
Hoxe tivemos celebración na clase dos vagalumes máis maiores porque o noso Omar fixo 5 anos. Pasámolo moi ben comendo tarta e chuches e por suposto dándolle un montón de bicos. FELICIDADES OMAR!!!
martes, 20 de novembro de 2018
MÁIS COUSIÑAS SOBRE EXIPTO
Quero dar as grazas a todas as familias polo que estades colaborando con nós no desenvolvemento deste proxecto!! Cada día sorprendédesnos máis cos materias tan orixinais que nos estades achegando.
MIL GRAZAS A TOD@S!!!
luns, 19 de novembro de 2018
EXIPTO NOS ESPERA!!
Como cada luns, comezamos a semana viaxando a un novo país empregando diferentes medios de transporte. Nesta caso escollimos o BARCO para ir de Roma a Exipto.
Aprendimos que nunha viaxe tan longa non podemos empregar calquer tipo de barco, polo que, tras falar de diferentes embarcacións (bote, veleiro, piragua, canoa...), o máis axeitado era facelo nun trasatlántico. Falamos de como se viaxa nun, de cales eran as diferencias con outros medios de transporte e do cómodos que podemos estar nos diferentes camarotes. Por último, escollimos un capitán (Sara) e zarpamos rumbo a Suez.
BOA MANEIRA DE DESPEDIRNOS DE ITALIA
Que gran idea tiveron Gabriel e a súa familia para despedirnos desta etapa na nosa viaxe!! E é que nos sorprenderon cunha merenda a base de mini pizzas de xamón e queixo, moi típicas de Italia.
Que ricas estaban!!
domingo, 18 de novembro de 2018
SORPRESA!!!
Vaia sorpresa que nos deu Ulises o pasado venres aos vagalumes de 5 anos. Trouxo a clase un pastel típico de Italia, que o comen alí pola época do Nadal, un riquísimo Panetone de chocolate. Estaba boísimo!! MOITAS GRAZAS ULISES.
mércores, 14 de novembro de 2018
AL RICO CROISSANT
Os vagalumes de 3 e 5 anos despedímonos de París cociñando, facendo uns ricos croissants que son típicos de Francia.
Primeiro cortamos a masa de hoxaldre en triángulos despois puxemos un pouco de chocolate e... a enrolar!!!.Cando xa estiveron listos puxémolos nunha fonte e fumos xunto a María, a cociñeira, que os meteu no forno. Esperamos uns minutos e.... A COMER!!!
Primeiro cortamos a masa de hoxaldre en triángulos despois puxemos un pouco de chocolate e... a enrolar!!!.Cando xa estiveron listos puxémolos nunha fonte e fumos xunto a María, a cociñeira, que os meteu no forno. Esperamos uns minutos e.... A COMER!!!
Unha sabrosa despedida de Francia, AU REVOIR PARÍS!!!!
martes, 13 de novembro de 2018
BENVENUTI A ITALIA!!
Seguimos avanzando un pouquiño máis no percorrido que Willy Fog fixo na súa viaxe ata chegar a Italia e Roma. Desta vez, Julia, Izan, Iker, Nuria, Martín e Gabriel trouxeron moitas cousas interesantes sobre este país. Mirade!!
luns, 12 de novembro de 2018
AU REVOIR FRANCE...
Despois de aprender moitas cousas sobre Francia e París (monumentos, ríos, comidas típicas...) toca despedirse e seguir a nosa viaxe, esta vez a ITALIA e ROMA.
Por iso, e como xa vén sendo de costume, nos desprazamos a ese lugar empregando un novo medio de transporte... O TREN. E, tras cuñar os nosos pasaportes e comprobar os nosos asentos... estamos preparad@s para seguir coñecendo novas cousas sobre este país.
BO DÍA!!!
Neste curso estamos incorporando novas rutinas coas que tratar de inculcar nos nenos e nenas da aula cousas tan básicas como ser quen de saudar e dar os bos días cada mañá, ademais doutras fórmulas de cortesía como despedirnos, pedir as cousas por favor, dar as grazas, etc.
Por tanto, o encargado do día levará a cabo esta tarefa coa axuda dos seus compañeiros, e onde terán que escoller unha das opcións para saudarse (dándose a man, chocando os cinco, bailando, cunha aperta...) e pronunciando as palabras máxicas "BO DÍA".
Así, na mañá de hoxe, tocoulle a Nicolás recibir os saúdos de todos e cada un dos membros da clase, incluída a profe!!
Pásano pipa e sen darse conta de que están aprendendo.
Así, na mañá de hoxe, tocoulle a Nicolás recibir os saúdos de todos e cada un dos membros da clase, incluída a profe!!
Pásano pipa e sen darse conta de que están aprendendo.
domingo, 11 de novembro de 2018
O SAMAÍN
Neste Samaín os vagalumes estivemos moi atarefados. Fixemos uns gorros de bruxas moi chulos que adornaron o noso corredor, baleiramos unha cabaza e comimos pipas, pintamos as caras cunhas arañas terroríficas e recibimos a visita dun persoeiro que nun principio nos daba un pouco de medo pero ao final rimos moito con el " O Bruxo". CANTAS EMOCIÓNS!!!
luns, 5 de novembro de 2018
SEGUIMOS DESCUBRINDO COUSIÑAS SOBRE O PROXECTO
Hoxe foi Andrés o que nos sorprendeu cun globo aerostático impresionante no que ben puido viaxar Willy Fog cos seus amigos para dar a volta ao mundo en 80 días.
Moitísimas grazas familia por todo que estades a colaborar!!
venres, 2 de novembro de 2018
OH LÀ LÀ!!
Que sorpresa nos tiña preparada Julia e a súa familia este mércores!!! Nunha bolsa misteriosa atopamos unha morea de croissants recheos de chocolate feitos por ela mesma!
Familia... en canto queirades, aquí tedes un montón de cativos moi larpeiros dispostos a seguir degustándoos!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)