Ola a todos e todas. Somos os pequenos vagalumes do CPI Ponte Carreira.
Neste espazo, creado para amosarvos e compartir o noso día a día, achegarédesvos ao fascinante e máxico mundo da educación infantil .
Agardamos a vosa visita e desexamos que o disfrutedes tanto como nós.
E como xa estamos entrando no Nadal... preparamos un Belén moi especial, cargadiño dos personaxes máis representativos das diferentes cidades e países polos que viaxou Willy Fog: chinos, romanos, indios, exipcios...
Hoxe na clase dos vagalumes de 5 anos celebramos o cumpreanos de Álex que fixo 6 anazos. Comimos tarta, cantamos e repartimos as chuches. Pasámolo moi ben. MOITAS FELICIDADES ÁLEX!!!!
Despois de aprender moitas cousas sobre Xapón, quixemos facer unha recompilación con diferentes elementos representativos da súa cultura: un kimono, un sobreiro e un paraugas chino.
Esta semana os vagalumes de 5 anos viaxamos a Japón donde ademáis de coñecer as súas peculiares casas "as pagodas" estivemos practicando cos palillos comendo "sushi" e probándonos un gorro moi chulo que fixo Aroa coa súa nai. Que ben nos queda!!!
Esta mañá a profe propúxonos unha tarefa algo difícil (aínda que só para algúns). Tiñamos que coller unha boliña de plastilina con palillos chinos. Nos ensinou como collelos e como facer a "pinza", pero o divertido foi ver que cada un buscou a súa "maneira" de coller a plasti. Mirade...
Como mostra do ben que o estamos a pasar con este proxecto dentro da aula, aquí vos deixamos unhas fotiños do Dragón Chino que Andrés nos trouxo esta semana ao cole. Unha verdadeira obra de arte!!!!
Os nosos vagalumes vanse facendo maiores e é que, no día de onte, celebramos o último aniversario do ano. Por fin Dylan pode dicir iso de... "Eu tamén teño 4 anos".
Hoxe, os vagalumes de 4 anos, celebramos o primeiro aniversario deste curso. Fixémolo con case 4 meses de retraso, pero o importante é que o desfrutamos moito!!!
Hoxe todos os vagalumes e os nosos compañeiros de 1º fumos a un sitio moi especial que nos fixo moita ilusión, o colexio dos maiores. Alí levamos unha sorpresa moi agradable xa que os nenos e nenas da ESO contáronnos uns contos moi chulis. Que ben o fixeron! Como nos gustou! NORABOA!!