xoves, 28 de febreiro de 2019

XOVES DE COMADRES

Unha semana despois do xoves de Compadres, celebramos o de "Comadres" ou, como dicía algunha nena polo cole... "A venganza das Comadres"!!!
Neste caso, eran os nenos os encargados de elaborar as súas bonecas e tratar de escapar das nenas para que non llas quitasen. Temos que dicir que non llo puxeron nada fácil. Mirade!!









luns, 25 de febreiro de 2019

DÍA DE ROSALÍA

Como cada 24 de febreiro, celebramos o Día de Rosalía, e no colo non ía ser menos!!
Por iso preparamos estas máscaras tan especiais.


XOVES DE COMPADRES

O pasado xoves celebramos no cole o "Xoves de compadres", unha tradición na que as nenas teñen que fabricar un boneco que os nenos lle deben quitar. Para evitalo, a única solución é correr moito!




domingo, 24 de febreiro de 2019

UNHA GRAN EMOCIÓN

O pasado venres os vagalumes vivimos unha mañá moi emocionante, porque no cole estábannos esperando uns amigos de catro patas moi especiais: Aldo, Milka, Noa, Bela, Travis, Lola e Teixo. Uns canciños moi cariñosos que nos deixaron peitealos, acariñalos e pasealos. Estes canciños volverán a visitarnos todos os meses porque nos fixemos moi bos amigos.
QUE BEN O PASAMOS!!!







mércores, 20 de febreiro de 2019

SEGUIMOS CO ENTROIDO.
Mañá é xoves de compadres e o  próximo xoves o de comadres, polo que, os vagalumes de 3  xa temos prepadados os bonecos e bonecas. Mirade que chulos nos quedaron.
ESTAMOS PREPARADOS PARA CORRER!!!




venres, 15 de febreiro de 2019

DÍA DOS NAMORADOS.
Os vagalumes de 3 anos tamén participamos no concurso de cartas de amor e o 14 de febreiro fixemos brochetas con froitas. Mirade que ben nos quedaron e nin vos podedes imaxir o ricas que estaban.

  
 


xoves, 14 de febreiro de 2019

FELIZ SAN VALENTÍN!!

Tamén quixemos celebrar esa data facendo unha merenda moi especial. Con diferentes froitas, cada quen fixo a súa "frecha do amor".
Ben ricas estaban!!







E como nos gustaron tanto as nosas "Frechas", levámolas de recordo!!



HOXE CELEBRAMOS O DÍA DA AMIZADE!!

Os Vagalumes da clase de 4 anos, levamos un tempo falando deste día, comentando a quen queremos moito, de quen estamos namorados, de como debemos coidar aos nosos amigos... 
Por iso, decidimos facer uns debuxos sobre o amor e a amizade e metelos no buzón para participar no concurso que o cole organiza todos os anos.




DÍA DOS NAMORADOS

Hoxe para celebrar o día dos namorados, na clase dos vagalumes de 5 anos, tivemos sesión de cociña divertida. Fixemos unhas frechas do amor con moitas vitaminas xa que as fixemos con froita e unhas brochetas.




Para completar a nosa merenda fixemos tamén uns bodadillos en forma de corazón. Primeiro fixemos o bocata e cun molde en forma de corazón..... quedaron así de chulis.




FELIZ DÍA FAMILIAS!!!!

mércores, 13 de febreiro de 2019

CUMPLE DE ALEJANDRA.
O luns celebramos o cumple de Alejandra. Démoslle un montón de bicos e ela regalounos unha bolsa chulísima con chuches. MOITAS FELICIDADES!!!!





martes, 12 de febreiro de 2019

TRABALLAMOS MOITO

Durante o tempo que pasamos no colexio, atopamos momentos para a realización de moi diversas actividades. Esta mañá, practicamos de novo coas tesoiras recortando fotografías dos xornais.
Mirade que despliegue!!
Iso si, unha vez que rematamos, reciclamos todo o material que nos sobrou.


sábado, 9 de febreiro de 2019

VOLANTES

Seguimos coa temática do Entroido desta vez cun sombreiro de VOLANTE que Andrés nos trouxo ao cole. Que vos parece?






MADAMAS E GALÁNS

Ao longo destas semanas, estamos aprendendo moitas cousas do Entroido galego grazas á colaboración das familias. Así, a de Gabriel sorprendeunos, unha vez máis, cun sombreiro de Madama precioso e, como non nos puidemos resistir, probámolo. 
Que guapos nos vimos!!!





xoves, 7 de febreiro de 2019

Entroido 2019

Xa iniciado o mes de Febreiro e xa metidos no tema dende hai tempo, moito tempo.... O ENTROIDO chega ó CPI PONTE CARREIRA. Os acontecementos máis destacados do entroido en Galicia e algunhas das súas personaxes estarán no noso colexio. O Entroido Galego este ano 2019 concéntrase no CPI PONTE CARREIRA. Mañá arrincamos...


venres, 1 de febreiro de 2019

PARABÉNS ANDRÉS!!

O pasado día 30 de xaneiro, Andrés cumpliu xa 5 anos!!!
Que maiores se están facendo os nosos Vagalumes...
Moitas felicidades e que cumplas moooooitos máis!


CHEGA O ENTROIDO!

Como xa vos comentamos, estamos a traballar o Entroido galego a través das súas personaxes máis representativas. 
Mirade que máscara tan chula nos trouxo Gabriel dun Cigarrón!!