venres, 29 de marzo de 2019

SEGUIMOS CELEBRANDO ANIVERSARIOS!!

O mes de Marzo está sendo un mes moi movido en canto a aniversarios se refire, xa que o de Nuria é o terceiro que celebramos no cole!!
Que maiores nos estamos facendo!
PARABÉNS PRINCESA.


mércores, 27 de marzo de 2019

PANTALLA DE XINZO

Rematamos este proxecto do Entroido tradicional galego cunha máscara de Pantalla que fixeron Gabriel e a súa familia na casa. Impresionante ver o ben feita que estaba e todo o traballo que tiveron que realizar para que quedara así de chula.
Moitísimas gracias por todo o que colaborastes!!


FELICIDADES IKER!!

Un novo vagalume celebrou no día de hoxe o seu quinto aniversario!!
Iker agasallounos cunha morea de chuches e unha tarta de tres chocolates boísima.
PARABÉNS!!




xoves, 21 de marzo de 2019

DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN

Coma todos os 21 de Marzo, celébrase o Día Mundial do Síndrome de Down.
Desta vez, conmemorámolo a través do visionado dun pequeno vídeo explicativo que nos facilitou a asociación "Down Galicia", a cal nos agasallou cunha pulseira.


martes, 12 de marzo de 2019

PARABÉNS MARTÍN!!

Hoxe celebramos o aniversario de Martín.
Os nosos vagalumes, pouco a pouco, vanse facendo maiores...
MOITAS FELICIDADES!


luns, 11 de marzo de 2019

CUMPLE DE MARTÍN.
O 26 de febreiro Martín cumpriu 4 anos. Troúxonos chuches e nós démoslle motísimos bicos. MOITAS FELICIDADES MARTÍN!







venres, 8 de marzo de 2019

8M

Como ben sabedes, cada 8 de Marzo celébrase o Día da Muller.
Este ano, a actividade programada para todo o colexio consistía en escribir palabras significativas sobre este día en bocadillos de cartolina de cor morado.
Os nenos e nenas de 4 anos, consideramos que o máis importante é seguir "LOITANDO" pola igualdade de oportunidades entre os homes e as mulleres.
Elas e eles téñeno claro. E vós???


mércores, 6 de marzo de 2019

Entroido

https://photos.google.com/share/AF1QipOfpPsxXszMzukPQvhlJVZHfPkKTFX4kN-V-mlNW0HOu1rHCJvQ7cH-RDfk4SJB9A?key=RkJXQUNMdEI2c2lKNldISjlXUTFUem5RNm1MbnFRQue ben o pasamos no día do desfile do Entroido cos nosos super-disfraces. E se queres ver todas, todas as fotos do desfile (que son un montón, jaja) nesta imaxe