luns, 25 de novembro de 2019

CUMPRE NAIRA

Hoxe celebramos na clase dos vagalumes de tres anos o cumpre da nosa benxamina, Naira. Cantamos o cumpreanos feliz , comimos chuches e como non, démoslle un montón de bicos e apertas. PARABÉNS NAIRA!!!





domingo, 17 de novembro de 2019

SOMOS BRUXAS....

Empezamos polos vagalumes de 5 anos a converternos en bruxas (proximamente os demáis vagalumes). Mirade que pequebruxas e pequebruxos facemos....














Chupas de bruxa, jajaja

O vagalume Izan truxo un cadeiro de bruxa cheo de...... CHUPAS!!! para todos. 

Estábanche ben ricos. 

Moitas gracias Izan e familia.




Festas populares en novembro: peón e magosto

O pasado 11 de novembro festexamos o Día do Peón e o Magosto e para festexalos os vagalumes de 5 anos fixemos peonzas con hamas, cestiños para as castañas e caroutas de castañeiros e castañeiras. Serás capaz de recoñecerte?



 

martes, 12 de novembro de 2019

CUMPRE DE DANIEL E RUBÉN

Hoxe na clase de 3 anos estivemos celebramos o cumpreanos dos nosos Daniel e Rubén. Pasámolo moi ben soprando as velas, cantando cumpreanos feliz e comendo as chuches tan boas que nos trouxeron.
MOITAS FELICIDADES DANI e RUBÉN!!!





mércores, 6 de novembro de 2019

Cociñamos no Samaín

Cociñamos no Samaín.
Os vagalumes de 4 tamén cociñamos no Samaín unhas pantasmas con platanos e chocolate blanco e outras con nata que estaban boísimas!!!






SAMAÍN NA AULA DE 4 ANOS.
Os vagalumes de 4 anos celebramos o Samaín decorando unha cabaza para a exposición do cole. Mirade como traballamos.








CUMPLEANOS DE BRAIS.
Xa temos todos 4 anos. Só faltaba Brais e xa celebramos o seu cumple. Trouxo unha tarta riquísima e chuches para todos. GRAZAS E MOITAS FELICIDADES BRAIS!!!!!





martes, 5 de novembro de 2019

Sandwiches terroríficos na aula de 5 anos

E seguimos coas actividades do Samaín. Nesta ocasión amosámosvos a inauguración do noso taller de cociña. Fixemos figuras terroríficas (cabazas, bufos, gatos e vampiros) coma se fosen sandwiches e acompañámolas de sangue de vampiro (zume de arándanos).