sábado, 28 de marzo de 2020
venres, 20 de marzo de 2020
#QuedaNaCasa
Algúns dos vagalumes están facendo uns fermosos arcos da vella para demostrar que eles son fortes, valentes,... e animar a todo o mundo porque desta situación sairemos se todos facemos coma eles: QUEDAR NA CASA
luns, 16 de marzo de 2020
venres, 13 de marzo de 2020
ACTIVIDADES PARA ESTES DÍAS DE CRISE
Ola familias!!!
Estamos pasando por unha situación excepcinal da que sairemos todos xuntos. Nós como adultos entendémolo, pero para os nosos vagalumes... é difícil de entender e tamén de explicar.
No debemos agobiarnos nin agobialos, pero sí teñen que saber o que pasa, xa que situación é, cando menos, atípica (non hai cole pero tampouco estamos de vacacións,...)
Pero aquí irémosvos propoñendo actividades tipo que podedes realizar estes días, sempre adaptándoas á vosa casuística. Non son obrigatorias, pero sí aconsellables para non perder o ritmo.
De momento, deixámosvos este conto que vos pode axudar un pouquio e explicar que é o CORONAVIRUS
xoves, 12 de marzo de 2020
Cumpreanos de Martín
Que nos facemos maiores....
Sopremos a super-vela que trouxo, démoslle biquiños, comemos a tarta, que por certo estaba riquísima e comémola case toda, e fixémoslle un agasallo.
Ademáis tamén nos trouxo unha bolsiña de chuches. Moitas grazas Martín.
MOITAS FELICIDADES!!! QUERÉMOSTE.
mércores, 11 de marzo de 2020
Cata de queixos
A mamá de Gabriel mandounos unha superbandexa de queixo de vaca, de ovella e de cabra!!!
O que máis nos gustou ao vela foron os palitos, jajaja. Pero fomolos probando todos e...
martes, 10 de marzo de 2020
Facemos queixooo....
Hoxe tivemos unha sorpresa moi especial. Veu visitarnos Ester, a mamá de Izan, o vagalume de 6º de infantil. Pero non só veu de visita...
Viña cargadiña de leite, de leite de vaca. Sabedes para que? Pois para ensiarnos e facer queixo con nós. E ademáis trouxonos uns gorros superchulos e ao rematar dounos un agasallo a cada un. Que divertido e que ben o pasamos...
Viña cargadiña de leite, de leite de vaca. Sabedes para que? Pois para ensiarnos e facer queixo con nós. E ademáis trouxonos uns gorros superchulos e ao rematar dounos un agasallo a cada un. Que divertido e que ben o pasamos...
MOITAS, MOITAS GRAZAS ESTER!!! QUERÉMOSTE...
luns, 9 de marzo de 2020
CUMPRE DE NOELA
Hoxe tivemos un día moi divertido na clase de 4º de infantil, celebramos o cumpreanos da nosa Noela que fixo 4 aniños. Comimos unha tarta moi boa, cantamos, sopramos a candea e como non ela repartiunos unhas ricas chuches que por suposto agradecimos cun bico. PARABENS NOELA!!!
domingo, 8 de marzo de 2020
Temos ovos....
Él e a súa mamá andiveron á busca de ovos das diferentes aves dunha granxa e o resultados foi un cestiño con ovos de galiña do país, galiña azul, pato, oca, kika,... e mesmo había un de avestruz (jaja)
Non nos poidemos resistir a tocalos. Amodiño, amodiños e por turnos fómolos tocando e fixemos comparacións entre eles: tamañó, peso, cor,...
Pero sabedes unha cousiña? Estabamos moi nerviosos porque non queríamos que os romperan e tamén sorprendidos polas diferenzas entre eles. Pero o que máis nos gustou foi o de avestruz. Sabesdes porque? Pois porque ese sí que podía romper... e poidémolo probar. Riquísimo...
Contábosmos o segredo, jaja. Era de chiculate....
MOITAS GRAZAS ANDRÉS!!!
sábado, 7 de marzo de 2020
Contacontos Kalandraka
O xoves visitáronnos Sara e Álex que dende a editorial Kalandraka nos viñeron contar uns pouquiños contos. Coma sempre, quedamos encantados coa súa visita e gustáronnos moito. Agora fotiños pero xa vos amosaremos algún vídeo do ben que o pasamos
Entroido 2020
Aquí vos deixamos un enlace aos vídeos das celebracións do entroido, en breve subiremos máis fotiños
xoves, 5 de marzo de 2020
De aquí para alá
Onte fomos a un concerto didáctico a Santiago. Gustounos un montón. Mirade que fotos máis chulas
mércores, 4 de marzo de 2020
Kalandraka.... vén ó cole!!!
Mañá recibiremos, un ano máis, a Sara e Álex da editorial Kalandraka. Uns contadores de contos con música xeniais e que nos gustan moito, moito.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)