mércores, 30 de setembro de 2020

Visitamos o comedor

As vagalumes de 3 aniños rematamos o período de adptación e xa estamos preparadísimas para empezar a xornada completa. Como mañá xa comemos no cole, pois hoxe fixemos unha visita ao comedor: 

Somos os maiores de infantil!!!

Aquí estamo de novo, por fin, todos e todas os que formamos a clase de 6º infantil!

 

xoves, 24 de setembro de 2020

CUMPRE DE LOLA

 Hoxe estivemos de festa na clase dos vagalumes de 5º de infantil, é que a nosa Lola cumpriu 4 anos. Sacamos fotos cunha tarta e cantamos cumpreanos feliz. Non puidemos darnos bicos nin apertas pero fixémoslle uns debuxos moi chulis. FELICIDADES LOLA!!!

martes, 22 de setembro de 2020

Benvido OUTONO!!!

Hoxe comezou o outono e as vagalumes de 3 anos quixemos darlle a benvida pintando unha folla con pincel. Que ben o pasamos facéndoo!!!
(non estabamos todas, polo que cando as vagalumes que faltan fagan a súa folla poñerémolas fotos aquí)

domingo, 20 de setembro de 2020

martes, 15 de setembro de 2020

Benvida Sheila!!!


Hoxe incorporouse ás vagalumes de 4º de Infantil 
SHEILA!!!. Benvida. 
Xa estamos todas para emprender a nosa aventura!!! 




xoves, 10 de setembro de 2020

1º DÍA DE COLE EN 4º DE INFANTIL

Hoxe viñemos ao cole por primeira vez e, a verdade, é que o pasamos xenial e quedamos con ganas de volver mañá. 

Aquí nos presentamos, falta a nosa compi Sheila que virá próximamente. De momento, aquí estamos: 

 (premendo na imaxe verás fotos do noso primeiro día de cole)



Estamos de volta!!!

Xa estamos aquí, dispostos e emprender un curso diferente, raro, no que non poderemos facer moitas das cousas que faciamos pero sí manteremos a nosa esencia: disfrutar, disfrutar a tope. Grazas familias por contar connosco!