luns, 30 de novembro de 2020
Lía e Lúa fanse maiores!!!
mércores, 25 de novembro de 2020
25N. Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Moitas grazas familias por facer posible construír un muro tan fermoso coma este en contra da violencia de xénero!!!
martes, 24 de novembro de 2020
O GUSTO
Hoxe na clase de 5º de infantil estivemos experimentando con outro sentido o do gusto. Estivemos falando e probando os catro sabores principais.
Empezamos tomando chocolate moi amargo e non nos gustou nada, nadiña.
O TACTO
Os vagalumes de 4 anos seguimos a aprender cousiñas sobre os sentidos, a semana pasada falamos do tacto, un sentido que se atopa sobretodo nas mans. Falamos tamén das distintas texturas: áspero, suave, blando, rugoso e liso.
luns, 23 de novembro de 2020
CUMPRE DE NAIRA
Hoxe a nosa pequena Naira fixo 4 anos e celebrámolo cantando e desexándolle moita felicidade coa nosa supertarta e con Oto que tamén se quixo apuntar. MOITAS FELICIDADES NAIRA!!!!
xoves, 19 de novembro de 2020
O corpo
mércores, 18 de novembro de 2020
O SENTIDO DA VISTA
Na clase de 4 anos estamos a aprender cousas do COVID. Mirando os seus síntomas descubrimos que un deles é a perda do gusto e o olfacto e puxémonos a investigar os cinco sentidos. Empezamos pola vista e aprendimos que está nos ollos e que grazas a este sentido podemos ver as cores e o mundo.
O MAGOSTO EN 5º DE E.I.
A pasada semana os vagalumes de 5º de E,I, estivemos preparando e celebrando O Magosto. Fixemos unhas martonetas de castañeiras e uns cestos para meter as nosas castañas asadas, QUE RICAS!!!
O MAGOSTO EN 6º EI
O pasado 11 de novembro foi o magosto, a festa da castaña. E os vagalumes maiores comemos castañas ata fartar. Mirade, mirade:
luns, 16 de novembro de 2020
As partes do corpo
As vagalumes de 4º de infantil hoxe traballamos as partes do corpo. Fixémolo dunha forma superdivertida. A profe o outro día sacounos fotos de corpo enteiro e hoxe dóunolas pero... cortadas en cabeza, tronco (barrigola), brazos e pernas (extremidades) coma se fosen pezas dun puzzle. En realizade, tratábase de facer un puzzle, o puzzle do noso corpo. Que diver!!!
domingo, 15 de novembro de 2020
FROITOS DO OUTONO: AS UVAS
Mirade que acio de uvas máis chulis fixemos as vagalumes de 3 aniños. Primeiro fixemos boliñas con papel de seda para simular uvas e logo pegámolas e pintamos unha folla. Hoxe veu Carla e xa fixo a súa fichiña das uvas:
XOGAMOS COAS CORES
Que ben o pasasamos o outro día as vagalumes de 3 anos xogando con cores "vellas" que tiña a mestra. Tirámolas enriba da mesa e logo fómolas clasificando por cores
O MAGOSTO EN 4º EI
A semana pasada (9-13 de novembro 2020) foi unha semana adicada ao magosto na aula das vagalumes de 3 anos. Fixemos moitas actividades: o cestiño para o magosto, unha castamóbil, "tocamos ourizos" (dentro están as castañas), pintamos unha castaña con pintura de dedos, tivemos a festa do magosto na que comemos castañas ata fartar e os compis de 6º EP viñeron contarnos un conto que nos gustou moito: "A castaña que rebentou coa risa".
A CARA
Na aula de 4º EI estivemos traballando A CARA e as súas partes. Fixemos un xogo moi divertido: tiremos no chan partes da cara e logo cada unha de nós tivemos que buscar as partes para completar unha cara, e logo pegámolas nunha fichiña.
Depresores de cores!!!
A finais de outobro as vagalumes de 3 aniños empezamos a traballar cos nosos depreseores de cores. Foi a nosa primeira toma de contacto con este material. Abrímolos, metémolos na súa caixiña e xogamos libremente con eles. Logo probamos a reproducir modelos e saiunos bastante ben, o que máis nos gustou foi facer triángulos de cores.
martes, 10 de novembro de 2020
O CUMPRE DE DANIEL E RUBÉN
Os peques vanse facendo maiores e hoxe na clase de 5º de E.I. Daniel e Rubén fixeron 4 anos. Celebrámolo cunha tarta e velas e cantando o cumpreanos feliz. Fixemos tamén uns dibuxos con moito cariño, para cada un de eles e sacamos unhas fotiños. PARABÉNS PEQUES!!!!
xoves, 5 de novembro de 2020
4º E.I. visita a Biblioteca
Librato vive na biblioteca, e contounos cales eran as normas daquela casa e como había que tratar os libros, cal era o noso recuncho e como estaban colocados os libros.
Estivemos atentísimas e fixémonos moi amigas de Librato.
Foi unha visita super-especial na que disfrutamos cos libros un montón, e sempre, sempre cumprindo as normas.
martes, 3 de novembro de 2020
Iniciámonos co punzón
Hoxe as pequevagalumes de 3 anos iniciámonos no uso do punzón. E sabemos que temos que ter moito coidado cando o usamos porque nos podemos pinchar e tamén que hai que andar con moito coidado para non magoarnos unhas ás outras.
A primeira experiencia, picar libremente, foi XENIAL!!!
A guitarra en 4º E.I.
Nas clases de música pasámolo xenial. Cantamos, danzamos e probamos instrumentos. O outro día o profe Fran trouxo a guitarra e deixóunola probar. Guitarristas totales!!!😉😉😉😉
luns, 2 de novembro de 2020
O SAMAÍN en 4º E.I.
Esta semana as vagalumes de 3 anos fixemos varias manualidades relacionadas co Samaín. Bruxas, arañas, cabazas e pantasmas.