Que ben o pasamos onte no Festival de Nadal. Aquí vos deixamos o enlace ás nosas actuacións, pero na páxina do centro podedes acceder a todas as actuacións.
E para tod@s vos, que teñades UN BO NADAL
Que ben o pasamos onte no Festival de Nadal. Aquí vos deixamos o enlace ás nosas actuacións, pero na páxina do centro podedes acceder a todas as actuacións.
E para tod@s vos, que teñades UN BO NADAL
Que sorte temos con estas familias!!! No mes de Nadal merendolas ricas para compartir cos compis!!! Grazas Clara, Zoe e Zule, e familias
Hai escasos minutiños que nos visitaron as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente!!! E traian agasallos para tod@s!!! Quedamos alucinad@s
Hoxe celebramos que o noso compañeiro Emmanuel fixo catro aniños. Cantamos, soplamos a vela do catro e comimos chuches e por suposto démoslle un montón de apertas. PARABÉNS EMMANUEL!!!!
Hoxe tocou festa na aula dos vagalumes maiores. Martina estivo de cumpre onte e hoxe tocou celebralo no cole.
Hoxe celebramos o cumpreanos da nosa benxamina Xaila, que ilusión!!!!
Sacamos moitas fotos, cantamos e démoslle un montón de apertas.
MOITAS FELICIDADES XAILA!!!
Que ben o pasamos estes Samaín 2022. Foi moi divertido, aínda que botamos de menos aos vagalumes que estaban "maliño" e acordámonos moito, moito deles e témoslles gardados uns agasallos que nos deixou un bruxo e unha momia que adiveron polo cole.
Hoxe iniciamos temporada de horta, nesta primeira visita tocaron labores de limpeza. Pasámolo xenial e temos que volver porque aínda non rematamos.
Hoxe tivemos festa na aula dos vagalumes de 4º e 5º de E.I. O noso Diego fixo catro aniños, para celebralo cantamos e démoslle un montón de apertas. Grazas polas chuches Diego e MOITAS FELICIDADES!!!
Hoxe é o Día do Sorriso e ten só levamo dúas horiñas de cole e non fixemos máis que rir e rir, e que megaguapos vimos cos beizos pintados para descatar o noso sorriso. Rimos ao entrar, rimos nas rutinas, na merenda,... bueno, o certo que é somos moi risueños tódolos días😏😏
Onte tivemos un taller de IOGA no que nos achegamos un pouquiño ao Ioga Tibetano da man de Sara. Que ben o pasamos!!! Mirade mirade... (preme na foto e verás mais)
Hoxe estivemos de festa porque o noso compi Martín Meijide cumpriu 4 anos. Sacamos fotos coa nosas mascotas e repartimos as chuches tan guais que nos regalou e por suposto cantámoslle o cumpreanos feliz.
MOITAS FELICIDADES MARTÍN!!!!!
Cun pouquiño de retraso amosámosvos as fotos do cumpreanos da vagalume Zulema, de 6º de Infantil. Estivo de cumpre nas vacacións pero quixo celebralo con nós no cole.
O venres rematou o período de adaptación dos nosos vagalumes máis pequenos que empezan a súa aventura no colexio. A verdade é que se portaron moi ben, traballaron e xogaron un montón. Benvidos vagalumes.!!!!
Comezamos o curso na clase dos vagalumes pequenos cunha festa de cumpreanos do noso compi Martín Rodríguez, que aínda que fixo os anos no mes de xullo quixo celebralo na escola con nós.
MOITOS BICOS E MOITOS PARABÉNS MARTÍN!!!
Hoxe foi día de festa na aula mixta. A vagalume Sabela está de cumpreanos e quere festexar connsco os seus xa 4 aniños.
Hoxe tivemos outra vez cumpre na clase dos vagalumes de 6º de E.I.. Esta vez tocoulle a o noso Hugo. Como sempre sacamos unhas fotiños e por suposto repartimos unhas chuches superguais. MOITAS FELICIDADES HUGO!!!
Hoxe Nuno estivo de cumpreanos e celebrámolo coa nosa mascota Bimba, a nosa tarta e un montón de chuches. Os nos@s vagalumes fanse maoires!!!