mércores, 27 de abril de 2022

Fai clic ao teu bocata

 Aquí vos deixamos o vídeoclip da banda sonora do Proxecta no que participa a aula mixta. Foi elaborada co profe Fran e pasámolo moi ben facéndoa e gravándo. Mirade, mirade: 


Degustación de conservas do mar

O alumnado de 4º e 5º de infantil está participando no Plan Proxecta na modalidade Aliméntate ben: fai clic ao teu bocata. 

Onte tocou degustación de conservas do mar. Pero antes oa lumando de 5º EP, que tamén participa no proxecto, explicounos a funcionalidade dos códigos de cores nos envases e así soubemos que uns teñen máis calidade nutricinal ca outros en función da cor e da letra do envase. Tamén xogamos un pouquiño a clasificalos. 

Despois un pase polo bufet de productos do mar onde nos explicaron características de cada producto: atún, caballa, zamburiñas, sardinillas, mexilóns, calamares na súa tinta e agullas. 

E xa estamos listo para degustar..., que rico estaba todo!!!

xoves, 21 de abril de 2022

mércores, 6 de abril de 2022

CUMPRE DE VALERIA

 Hoxe outra vagalume de 6º de E.I. fixo 6 anos, esta vez tocoulle soplar as velas a Valeria.

 Moitas grazas polas chuches e MOITAS FELICIDADES!!!!


martes, 5 de abril de 2022

Xornada de horta!!!

Hoxe os vagalumes da aula mixta estreamos a tempada de horta!!! Ataviados coas nosas botas e gorras aló fomos plantar patacas, cebolo, repolo, brócoli, coliflor e remolacha. Para primeira xornada non estivo nada mal, jaja. 

Queres vernos en acción???? Preme na imaxe e... a disfrutar tanto coma nós.