mércores, 24 de setembro de 2014

Ari xa ten 4 anos!!!

Ari estivo de cumpre en agosto pero, como nos quere moito, quixo festexalo no cole. Así que, aínda que con retraso, MOITAS MOITAS FELICIDADES E BIQUIÑOS DE VAINILLA...




martes, 23 de setembro de 2014

Ainara cumpre tres aniños...

E nós fixémoslle unha festa... porque sí e porque o merece porque nos trouxo unha torta larpeira...
Foi o nos primeiro cumpreanos no colexio e pasámolo moi, pero que moi ben.
Axudámolle a soprar as candeas, cantámoslle "cumpreanos feliz", "happy birthday",... e bailamos

E como non podía ser doutro xeito démoslle un bico... enorme para desexarlle MOITAS MOITAS FELICIDADES!


 
 
 
 
 
 
 


Experimentamos co pegamento










luns, 22 de setembro de 2014

Hoxe empezamos o comedor...

Un pouco nerviosos viñemos hoxe ao colexio porque foi o primeiro día que nos quedamos a comer... No recreo a mestra levounos facer unha visita ao comedor






















E cando chegou a hora de comer... xa non estabamos tan nerviosos. Non comemos moito porque foi o noso primeiro día, pero non o pasamos tan mal como pensabamos.