Ola a todos e todas. Somos os pequenos vagalumes do CPI Ponte Carreira.
Neste espazo, creado para amosarvos e compartir o noso día a día, achegarédesvos ao fascinante e máxico mundo da educación infantil .
Agardamos a vosa visita e desexamos que o disfrutedes tanto como nós.
luns, 22 de setembro de 2014
Hoxe empezamos o comedor...
Un pouco nerviosos viñemos hoxe ao colexio porque foi o primeiro día que nos quedamos a comer... No recreo a mestra levounos facer unha visita ao comedor
E cando chegou a hora de comer... xa non estabamos tan nerviosos. Non comemos moito porque foi o noso primeiro día, pero non o pasamos tan mal como pensabamos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario