Moitos bicos vagalumes!!!!!!!!!! de tres, catro e cinco anos. Quérovos, Diana.
luns, 29 de febreiro de 2016
Estou de cumpre....
O sábado foi o meu cumpreanos e hoxe quixen celebralo cos vagalumes da Ponte; que orgullosa estou deles... e botei moito en falta a Brais e Sara que están pachuchiños (espero que se melloren pronto).
Lola ten unha irmá....
A vagalume Lola tivo unha irmanciña chamada Adela; só ten catro días e Lola xa é toda unha orgullosa irmá maior. Hoxe amosounos unhas fotos que nos mandaron os seus papás e explicounos que xa lle deu o biberón. Mirade que orgullosa está.
Oto volve á casa de Cloe
mércores, 24 de febreiro de 2016
O DIA DE ROSALIA
Hoxe 24 de febreiro é o día de Rosalía de Castro, e os vagalumes de 5 anos pintamos uns debuxos moi bonitos desta poetisa galega tan importante para a nosa cultura. QUE CHULOS QUEDARON!!!
martes, 23 de febreiro de 2016
Oto vistia a casa de Xoel
Esta fin de semana o vagalume Xoel volveu disfrutar de Oto na súa casa. Mirade, mirade,... que foto máis chula con parte da Patrulla Canina.
luns, 15 de febreiro de 2016
Día do amor e a amizade
Onte foi o día do amor e da amizade e hoxe os vagalumes de 4 anos quixemos festexalo. Fixemos uns corazóns moi chulos que, logo de darnos moitos abrazos porque somos moi amigos e nos queremos un montón, agasallámosllo a un compi. E botamos moito de menos ás nosas compis Elba, Noe e Ainara que hoxe non viñeron porque están "pachuchiñas" e deixámoslles unha mensaxe:
QUERÉMOSVOS MOITO, MOITO E DESEXAMOS QUE VOS POÑEDES BEN AXIÑA. MOITOS BICOS.
E tamén fixemos corazóns con tizas, porque nos gustan moito os corazóns e porque aínda nos gusta máis pintar coas tizas; tamén estivo connosco o vagalume Álex de 5 anos.
QUERÉMOSVOS MOITO, MOITO E DESEXAMOS QUE VOS POÑEDES BEN AXIÑA. MOITOS BICOS.
venres, 12 de febreiro de 2016
Entroido pequeno 2016
Se o pasado venres festexavamos o Entroido grande ao estilo olímpico, hoxe festexamos o Entroido pequeno ao estilo libre. E que disfraces máis fermosos trouxestes, vagalumes.... E algún que outro profe tamén se atreveu.
Cociñamos no entroido
Hoxe tamén cociñamos no cole; e como expertos olímpicos fixemos unhas pesas olímpicas con uvas e queixo. Saíronnos riquísimas e gustáronnos a todos.
José Manuel xa ten 5 aniños
Hoxe foi día de festa na aula dos vagalumes de 4 anos; o noso compi José Manuel festexou connosco o seu cumpreanos, dándonos un paquetiño de chuches a cada un e nós axudámoslle a soprar as candeas, e xa son cinco....
MOITAS FELICIDADES JOSÉ MANUEL, QUERÉMOSTE!!!
xoves, 11 de febreiro de 2016
O cumpre de Saray
Yago e Diego xa teñen 4 aniños....
Hoxe foi día de festa na aula dos vagalumes de tres aniños, pois dous dos nosos compis estiveron de cumpre: Yago e Diego xa se van facendo maiores e hoxe festexaron os seus 4 aniños, cunha tarta rica, rica, riquisima. MOITAS FELICIDADES COMPIS.
GRAZAS MAMIS!!!
sábado, 6 de febreiro de 2016
Fotiños do entroido
Aquí vos deixamos unhas fotiños do ben que o pasamos no Entroido Olímpico do colexio. Recordade que podedes visitar o blogue do equipo de dinamización da lingua galega (natualingua.blogspot.com) se queredes ver fotos dos outros deportes olímpicos, do encendido da chama olímpica,...
Entroido Olímpico
Que ben o pasamos no entroido olímpico. Somos todos uns campións de JUDO, PIRAGÜISMO e EQUITACIÓN.
E que requeteguapos estabamos....
E que requeteguapos estabamos....
xoves, 4 de febreiro de 2016
Celebramos o cumpreanos de Brais, e xa son 5 aniños.
Que ben o pasamos e que rica estaba a tarta que nos trouxo, nin máis nin menos que da "Patrulla canina"; e despois tamén nos dou unha bolsiña de chuches.
Moitas grazas Brais, querémoste un montón.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)