luns, 15 de febreiro de 2016

Día do amor e a amizade

Onte foi o día do amor e da amizade e hoxe os vagalumes de 4 anos quixemos festexalo. Fixemos uns corazóns moi chulos que, logo de darnos moitos abrazos porque somos moi amigos e nos queremos un montón, agasallámosllo a un compi. E botamos moito de menos ás nosas compis Elba, Noe e Ainara que hoxe non viñeron porque están "pachuchiñas" e deixámoslles unha mensaxe:

QUERÉMOSVOS MOITO, MOITO E DESEXAMOS QUE VOS POÑEDES BEN AXIÑA. MOITOS BICOS.



E tamén fixemos corazóns con tizas, porque nos gustan moito os corazóns e porque aínda nos gusta máis pintar coas tizas; tamén estivo connosco o vagalume Álex de 5 anos.





Ningún comentario: