luns, 12 de decembro de 2016

O cumpreanos de Elba


Que ben o pasamos hoxe os vagalumes de 5 aniños. Outro día de festa, e aínda nos queda algún máis nestes poucos días que restan para as vacacións. 

A nosa compi Elba fíxose maior e xa ten 5 aniños. 

Que rica estaba a tarta de Trolls que nos trouxo o seu papá..., ademáis dun paquetiños de chuches e outras sorpresas no seu interior. 




























MOITAS FELICIDADES ELBA. QUERÉMOSTE!!!

mércores, 7 de decembro de 2016

Xoel xa ten 5 aniños

Hoxe tivemos festa os vagalumes de 6º de infantil, pois foi o cumpre do noso compi XOEL, que xa ten cinco aniños.


Trouxonos unha tarta rica riquísima de PEPA PIG e un paquetiño de chuches para cada un de nós. Cantámoslle, axudámoslle a soprar as candeas, bicámonos, comemos,... xenial.

































MOITAS FELICIDADES XOEL!!! E MOITAS GRAZAS POLA TARTA E AS CHUCHES!!
QUERÉMOSTE!!!

Os encargados pasando lista






domingo, 4 de decembro de 2016

Casa-Museo Manuel María

Na maña do 5 de novembro, unha mañá moi fría, collemos rumbo a Outeiro de Rei para visitar a Casa-Museo de Manuel María, a quen se lle adicaron as Letras Galegas este ano. Aló tamén facía moito, moito frío pero adentrámonos nunha casa máxica, acolledora,... quentiña,... e pasamos un tempo achegándonos á figura de Manuel María, de como foi a súa vida na súa casa natal, o cuarto onde naceu, unha biblioteca cos leus libros, o seu estudio onde escribía, o salón,...
Hai o salón... a que non sabedes o que había naquel salón? Nin máis nin menos que un cofre e quedámonos coa dúbida de se Malapata sabía da nosa visita e quixo acompañarnos.


Despois, a media mañá saiu o sol. E saiu con forza, hai que agustiño se estaba... pois aproveitamos para saír ao que antigamente era a horta da casa e tomar alí a nosa merenda e xoguetear un pouquiño.