Ola a todos e todas. Somos os pequenos vagalumes do CPI Ponte Carreira.
Neste espazo, creado para amosarvos e compartir o noso día a día, achegarédesvos ao fascinante e máxico mundo da educación infantil .
Agardamos a vosa visita e desexamos que o disfrutedes tanto como nós.
mércores, 7 de decembro de 2016
Xoel xa ten 5 aniños
Hoxe tivemos festa os vagalumes de 6º de infantil, pois foi o cumpre do noso compi XOEL, que xa ten cinco aniños.
Trouxonos unha tarta rica riquísima de PEPA PIG e un paquetiño de chuches para cada un de nós. Cantámoslle, axudámoslle a soprar as candeas, bicámonos, comemos,... xenial.
MOITAS FELICIDADES XOEL!!! E MOITAS GRAZAS POLA TARTA E AS CHUCHES!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario