Hoxe os vagalumes de 5 anos plantamos guisantes. Pero non o fixemos na horta, senón nun vasiño de plástico e entre algodón, para poder ver como medran as súas raíces. Cande xermolen transplantarémolos na horta.
xoves, 30 de marzo de 2017
martes, 28 de marzo de 2017
O sabor da aventura está no mar. Obradoiro
O pasado 23 de marzo poidemos disfrutar do obradoiro O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR; foi unha mágoa que non poidesesemos estar todos, pois máis da metade do alumnado non poido asisitir debido á alerta metereolóxia, e o non foi posible mudar de data o obradoiro. Aquí vos deixamos unhas fotiños desa mañá.
Información para as familias
Como de seguro xa vistes os boletíns de avaliación e algúns dos traballos feitos durantes este segundo trimestre, informávosvos que seguiremos a traballar o Proxecto O MAR ata as vacacións de Semana Santa e algunha manualidade, receita,... máis faremos no que resta de curso ao estar inmersos no Plan Proxecta O Sabor da aventura está no mar.
A partires de Semana Santa traballaremos, como xa prometemos aos vagalumes o curso anterior, un proxecto que teñen moitas ganas: AS ABELLAS; polo que se tedes material relacionado ídeo gardando para a volta das vacacións.
Un saúdo. Bea, Diana e Laura.
Bonecos de inverno
Xa hai uns días que o inverno rematou, pero non vos amosamos a manualidade que fixemos para despedilo. Saímos guapísimos...
luns, 27 de marzo de 2017
Froita na escola
Como xa sabedes estamos disfrutando da primeira semana de distribución de froita no cole; hoxe tomamos plátanos e, aínda que non todos o comemos, moitos vagalumes dis-FRUTA-mos tomándoo.
Se queredes ver fotiños nosos tomando plátanos visitado o blogue: ardoradoalbeiroenflor.blogspot.com
Fabián Manteiga está de cumpre...
venres, 24 de marzo de 2017
Froita na escola
Como ben sabedes, estamos a participar no Plan Proxecta en varias modalidades. Unha delas é o programa ALIMÉNTA-T BEN, en dúas das súas categoría: Froita Fresta, O Sabor da Aventura está no mar.
Pois ben, concedéronnos tres semanas de distribución de froita fresta durante os recreos; unha delas será a vindeira semana, polo que non é preciso que os vagalumes traian merenda.
Procuraremos subir neste blogue todas actividades que fagamos en infantil relacionadas co proxecta Aliménta-t ben; pero se queredes ver máis fotiños e actividades que fai o alumnado de primaria e secundaria podedes visistar o blogue: ardoradoalbeiroenflor.blogspot.com
xoves, 23 de marzo de 2017
Os tiburóns atacan!!!
Os vagalumes de 5 anos baixamos ata o fonto mariño e... menuda sorpresa nos atopamos: había tiburóns. E que pasou??? Pois que nos querían comer... mirade, mirade
Neve na Ponte....
Hoxe nevou no cole; foi pouquiño tempo pero os poucos vagalumes que estabamos saímos ao patio para pasar uns minutiños "entre a neve"
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)