venres, 24 de marzo de 2017

Froita na escola

Como ben sabedes, estamos a participar no Plan Proxecta en varias modalidades. Unha delas é o programa ALIMÉNTA-T BEN, en dúas das súas categoría: Froita Fresta, O Sabor da Aventura está no mar.
Pois ben, concedéronnos tres semanas de distribución de froita fresta durante os recreos; unha delas será a vindeira semana, polo que non é preciso que os vagalumes traian merenda. 

Procuraremos subir neste blogue todas actividades que fagamos en infantil relacionadas co proxecta Aliménta-t ben; pero se queredes ver máis fotiños e actividades que fai o alumnado de primaria e secundaria podedes visistar o blogue: ardoradoalbeiroenflor.blogspot.com

Ningún comentario: