Os vagalumes de 5 anos pasámolo en grande con Paco Nogueiras. Mirade que guapos quedamos co seu sombreiro e as súas lentes.
luns, 30 de abril de 2018
SOMOS PACO NOGUEIRAS POR UN DÍA!!
Para desfrutar da visita de Paco Nogueiras ao cole, decidimos disfrazarnos del mesmo. Unha sorpresa que lle gustou moito!!
Mirade que guapos e guapas nos puxemos e que ben o pasamos bailando as súas cancións!
FESTEXAMOS O ANIVERSARIO DE GABRIEL!!
Este venres tivemos a oportunidade de celebrar o cumpreanos de Gabriel, outro pequeno vagalume que se está facendo maior.
MOITAS FELICIDADES!!!
mércores, 25 de abril de 2018
UNHA VISITA ESPECIAL
O vindeiro venres esperamos a visita de Paco Nogueiras que ven cantar para todos os nenos do cole. Nós estamos a preparar unha sorpresa para el, imos ir todos cun gorro e unhas gafas como as del. Estivemos a traballar moito coloreamos, picamos...
E este é o resultado. Que guapos!!!!
domingo, 22 de abril de 2018
OLA PRIMAVERA!!!
Para dar a benvida á primavera na clase de catro anos fixemos uns ramos de frores moi coquetos. Mirade que chulos!!
ADEUS INVERNO!!!
O inverno xa rematou e @s nen@s da clase de catro anos fixemos unhas cousas moi chulas relacionadas con esa estación: unhas bolas de neve, uns esquiadores e uns bonecos de neve.
mércores, 18 de abril de 2018
PARABÉNS MANUELA!!
Seguimos coas celebracións no cole, xa que no día de onte foi Manuela a cativa que estivo de cumpreanos.
MOITAS FELICIDADES!!!
luns, 16 de abril de 2018
EXPERIMENTAMOS CON NOVOS MATERIAIS
Na clase dos cativos de 3 anos non sabemos estar quietos, e non deixamos de buscar novas formas de pasalo ben ao mesmo tempo que aprendemos cousas.
Neste caso, estivemos escribindo e debuxando libremente o que cada un dos cativos quixo no espello coa axuda duns rotuladores de tinta de tiza, e este foi o resultado.
xoves, 12 de abril de 2018
XOGAMOS AO DONIMÓ
Esta mañá, disfrutamos dun novo xogo colectivo, o DOMINÓ.
Neste caso foi un dominó de froitas e nos serviu para identificalas, coñecer que características tiñan cada unha delas e, sobre todo, aprender a agardar o noso turno na actividade.
Mirade que ben o pasamos!!
PARABÉNS JULIA!!!
Seguimos cunha semana cargadiña de celebracións, xa que hoxe festexamos o aniversario de Julia.
E, ao igual que o resto de cativos da aula de 3 anos, nos truoxo unha morea de chuches e unha tarta de gominolas que non nos duraron nada. Somos moi larpeiros e comímolas nun periquete!!!
FELICIDADES JULIA!!
xoves, 5 de abril de 2018
TRABALLAMOS COA MESA DE LUZ
Trátase dun material co que poder explorar e descubrir a través da integración sensorial, a linguaxe, a atención e a observación.
Ademais, é unha excelente forma de chamar a atención dos cativos, xa que se sinten naturalmente atraídos pola luz, o que fará que as experiencias que con ela fagamos, sexan máis motivadoras e enriquecedoras.
Así mesmo, no día de hoxe, foron Nuria e Gabriel os encargados de explorar con ela escribindo os seus nomes e os dos seus compañeiros.
Mirade que ben o fixeron!!!
Tamén disfrutaron dos xogos na mesa de luz Sara, Dylan, David, Manuela e Izan.
Pouco a pouco imos introducindo novos materiais para traballar na mesa de luz. Neste caso, Gabriel, Nicolás e Nuria tiñan que clasificar pompóns polo seu tamaño e cor coa axuda dunhas pinzas. Foi un traballo que lles custou un pouco ao principio pero que logo lles encantou xa que é un xeito perfecto para traballar as cores, os tamaños ou a prensión de xeito lúdico.
Ben feito peques!!
Seguimos a introducir outros materiais cos que traballar na mesa de luz. Desta vez, xogamos a clasificar obxectos pola súa cor e forma coa axuda dos cubitos de xeo, que tiñan que manipular coas pinzas e as mans.
FELIZ ANIVERSARIO NURIA!!
Continuamos coas celebracións dos cumpreanos no colexio, e esta vez foi NURIA a homenaxeada.
Moitas felicidades!!!!
martes, 3 de abril de 2018
PARABÉNS IKER!!
Para comezar ben a semana, despois destas pequenas vacacións... celebramos o aniversario de Iker.
Tróuxonos unha torta de Bob Esponja riquísima e agasallounos a todos cun montón de chuches!!
Moitas grazas e que disfrutes deses 4 anos!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)