Trátase dun material co que poder explorar e descubrir a través da integración sensorial, a linguaxe, a atención e a observación.
Ademais, é unha excelente forma de chamar a atención dos cativos, xa que se sinten naturalmente atraídos pola luz, o que fará que as experiencias que con ela fagamos, sexan máis motivadoras e enriquecedoras.
Así mesmo, no día de hoxe, foron Nuria e Gabriel os encargados de explorar con ela escribindo os seus nomes e os dos seus compañeiros.
Mirade que ben o fixeron!!!
Tamén disfrutaron dos xogos na mesa de luz Sara, Dylan, David, Manuela e Izan.
Pouco a pouco imos introducindo novos materiais para traballar na mesa de luz. Neste caso, Gabriel, Nicolás e Nuria tiñan que clasificar pompóns polo seu tamaño e cor coa axuda dunhas pinzas. Foi un traballo que lles custou un pouco ao principio pero que logo lles encantou xa que é un xeito perfecto para traballar as cores, os tamaños ou a prensión de xeito lúdico.
Ben feito peques!!
Seguimos a introducir outros materiais cos que traballar na mesa de luz. Desta vez, xogamos a clasificar obxectos pola súa cor e forma coa axuda dos cubitos de xeo, que tiñan que manipular coas pinzas e as mans.
Ningún comentario:
Publicar un comentario