sábado, 31 de outubro de 2020

Letras Galegas

Hoxe celébranse as Letras Galegas, data que foi adiada pola Real Academia Galega, dado o estado de alarma que estabamos atravesando cando sería a súa data de celebración. Relanzamos pois todos aqueles traballos que fixemos xuntos dende o confinamento pois a figura de Ricardo Carvalho Calero ben o merece. Podedes ver todos os vídeos realizados na seguinte lista de resprodución da canle de youtube do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

TERRORÍFICO SAMAÍN en 6º de infantil

TERRORÍFICO SAMAÍN en 5º de infantil

Onte para celebrar O Samaín os peques de 4 anos disfrazámonos. Mirade que terrorificamente guapos!!!


TERRORÍFICO SAMAÍN das supernenas de 4º de infantil

Que superterroríficas viñemos ente ao cole as vagalumes de 4º de infantil



O MICROSCOPIO

 Nestes tempos que nos toca vivir estamos todo o tempo escoitando falar dos virus e de como os científicos están intentando acabar co covid-19. Pois na clase de catro anos esta semana aprendimos que os científicos utilizan un instrumento para poder ver os virus, xa que son moi pequenos. Este instrumento é o microscopio. Estivemos mirando por un. QUE EMOCIONANTE!!!


domingo, 25 de outubro de 2020

Estampación cor corchos

Que ben o pasamos o xoves no taller de plástica ou no taller do outono, no que vos prefirades😉😉 facendo estampacións cor corchos. 



E O RESULTADO...


domingo, 18 de outubro de 2020

As follas do outono e o pegamento

Que ben o pasamos o venres rachando follas secas do outono e logo pegándoas. Costounos un pouquiño porque era a primeira vez usabamos o pegamento pero conseguímolo!!!


 

venres, 16 de outubro de 2020

Parabéns Brais e Adrián Cortés



A semana pasada tivemos de cumple a Brais, o último cumple deste ano 2020 dentro da nosa clase!! Somos tan maiores xa.... 

Pero este non era o primeiro cumple que celebrábamos dende a volta ao cole porque o primeiro día, o 11 de setembro, xa celebramos o de Adrián Cortés!


 

sábado, 10 de outubro de 2020

xoves, 8 de outubro de 2020

LÚA, A NOSA MASCOTA

Sabedes quen son estas dúas? 

Pois son as nosas Lúas de 4º de infantil. A vagalume Lúa e a nosa mascota, que tamén se chama Lúa. 


 

Hoxe tocou sesión de fotos coa mascota. Lúa, a nosa mascota, ten un ollo morado, é máxico e pode ver todo, todo, todo. E como non podía ser doutro xeito, tamén está preparada para esta "nova normalidade", vainos axudar a facer un pouco máis "doado" este curso. 

domingo, 4 de outubro de 2020

Día do sorriso

 Onte foi o DÍA MUNDIAL DO SORRISO e celebrámolo como se merece. Nada nos quita o sorriso ou, polo menos, tentamos poñelo sempre aínda que a situación non sexa a mellor porque.... "ao mal tempo, boa cara". E como sorrir podemos sorrir con varias partes do corpo pois aí vai a nosa mostra

Adornamos as nosas máscaras cun sorriso que pintamos ou debuxamos nos memos

 
 
O sorriso que nos tapa a máscara. Pero os nosos ollos tamén sorrín, e os demáis membros do cole. E coas miradas dos nosos sorridos ou coas sorridos das noasa miradas fixemos este fermoso vídeo: