Onte as vagalumes de 4º de infantil fixemos os manteis para tomar a merenda na aula. Que folio máis grande!!!
Logo pintamos nel e pegamos pegatinas. Cada unha fixo libremente o que quixo.
O resultado: estes fermosos manteis. Agora só falta poñerlles unha foto e o nome de cada vagalume e plastificalos. A partir de agora cada día na hora da merenda a encargada repartirá os manteis, merendamos e logo a mestra desinfectaos e gardánse na bandexa para o seguinte día.
QUE CONTENTAS ESTAMOS COS NOSOS MANTEIS!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario