venres, 27 de marzo de 2026

D´CINE

A tradición manda. Despedimos o segundo trimestre indo ao cine, fomos ver HOOPERS. 

Unha gran experiencia que disfrutamos un montón. Non sabemos se nos gustaron máis os flocos de millo e os gusanitos ou a película, jajaja. Aínda que a viaxe en bus tamén estivo xenial. 


xoves, 26 de marzo de 2026

Imos á feira

 Hoxe foi día de feira na Ponte. Hoxe fixo bo día. Resultado: IMOS Á FEIRA!!!! 


sábado, 21 de marzo de 2026

Día Internacional do Síndrome de Down

Sementamos respecto, coidamos a diversidade e hoxe o Ponte florece amarelo. 

O amarelo ilumina, o amarelo representa alegría, diversidade e inclusión. 

Porque a diversidade tamén florece... 21M: Día Mundial do Sindrome de Down 




venres, 20 de marzo de 2026

Cumple Aldara

 Onte foi o cumple de Aldara e hoxe foi o seu día no cole. 


Visita do Monbus Obradoiro

Hoxe gozamos dunha visita moi especial, por terceiro ano consecutivo visitounos o Monbus Obradoiro. A sorpresa desta visita dóunola a súa mascota CHICHA. 


martes, 17 de marzo de 2026

Todas e todos contamos

Hoxe contamos coa visita dos amigos de Igualarte que, por medio de Afundación Abanca, viñeron ofrecernos dous obradoiros sobre a igualdade. E despois fixemos unhas marionetas ben fermosas

 


venres, 13 de marzo de 2026

Benvida Luciana

A familia Vagalume aumenta!!! Hoxe recibimos a unha nova compi e pasámolo moi ben ensinándolle todo, todo, todo. Benvida Luciana ás nosas aventuras!!!!


luns, 9 de marzo de 2026

Cumple Carmen

Onte Carmen cumpriu 4 aniños e hoxe quixo festexalo entre nós. 


8M

A semana pasada coñecemos a Julia, unha brigadista, e fixémoslle unha entrevista. Con ela aprendemos que as nenas, as mozas, as mulleres,... poden ser todo o que se propoñan. Miraque que ben pasamos con ela.