luns, 17 de novembro de 2014

Hoxe Noelia está de cumpre!!!

Hoxe foi o cumpreanos da nosa compi Noelia, que xa ten tres aniños.
Como non podía ser doutro xeito cantámoslle o Cumpreanos feliz, Happy Birthday,... e tamén lle axudamos a soprar as candeas porque a ela soíña fíxoselle difícil.
MOITAS FELICIDADES NOE, QUERÉMOSTE MOITO.
E A TARTA QUE NOS TROUXECHE ESTABA... RIQUÍSIMA.












Desexámoslle moitas, moitas felicidades e démoslle un bico fortísimo....


mércores, 12 de novembro de 2014

Día do Péon 2014

Festa do Magosto

O pasado 7 de novembro festexamos o Magosto no colexio. Pasámolo moi ben; primeiro participamos nos xogos que organizaron os profes e despois,.... A COMER CASTAÑAS. Mmmm, que ricas que estaban!!


luns, 10 de novembro de 2014

Facendo peóns

Hoxe foi un día de moito traballo; despois dos cestiños para o magosto toca facer unha peonza para festexar o Día do Peón 2014. Pero nós somos moi traballadores e fixemolas de contadiño.
Primeiro pintamos un círculo e despois pegámolo sobre un cd. A mestra púxolle unha boliña de pin-pon e un corcho e despois... a facer prácticas para mañá.

















mércores, 5 de novembro de 2014

Cestiños para o Magosto

Achégase o Magosto e os peques de tres anos estamos a facer o noso cestiño para as castañas.  Pintamos unhas castañas moi simpáticas para decoralo e fixemos a asiña pintando con rotulador en cartolina.













 

Despois a profe recortou as castañas e pegámosllas ao cestiño; e puxemoslle a asiña. Así de chulis quedaron os nosos cestiños.


































 










luns, 3 de novembro de 2014

Facemos morcegos de chiculate!!!

O pasado 30 de outubro iniciamos o taller de cociña 2014-2015. Nesta ocasión fixemos uns riquísimos morcegos de chiculate.
Derretemos o chiculate coa axuda dun microondas, logo vertémolo en moldes con forma de morcegos, colocámoslle un palillo, levamos un anaco ao frigorífico e... listos para comer! Estaban boísimos. Quedamos con ganas de repetir.