luns, 19 de setembro de 2016

O CUMPRE DE JAVIER

Hoxe celebramos o primeiro cumpreanos do curso na clase 4º de infantil. O novo vagalume Javier cumpriu 3 aniños, cantámoslle , sopramos a vela e repartimos unhas chuches moi boas. MOITAS FELICIDADES JAVIER!!!





luns, 12 de setembro de 2016

Outro novo curso

Os vagalumes de 4 e 5 aniños comezmos con moita ilusión este novo curso. Hoxe foi un día especial e pasámolo moi ben. Se premes no vagalume poderás ver algunhas fotiños.

https://goo.gl/photos/Vi5gbtAbWsWY3RDu6 

E tamén vos deixamos a xornada de xogos que tivemos hoxe. 


domingo, 11 de setembro de 2016

Xa estamos aquí de novo....

Ola vagalumes.... que tal de vacacións. Nós xa temos todos preparado para recibirvos mañá, pois temos moitas pero que moitas ganas de vervos.






venres, 26 de agosto de 2016

Excursión Á Coruña

Para despedir o curso fomos á Coruña, visitamos o Museo Militar, o Castelo de San Antón e fomos ao cine. Se queres ver fotiños, clica na foto e verás:


https://goo.gl/photos/Z8xDRMMGRX2bmFzj6


venres, 5 de agosto de 2016

Outra excursión...

Que ben o pasamos nesta excursión. Concerto de música e logo visita á casa do mel. Un día xenial.


 

xoves, 4 de agosto de 2016

Día do Libro 16

Para festexar o Día do Libro este curso fixemos moitas, pero que moitas actividades. Fixemos muíños coma o das aventuras de Don Quixote, léronnos contos, sacamos os nosos libros e lemos no patio, disfrutamos dos apadriñamentos lectores,...

Batido de amorodos

Os vagalumes de 4 anos fixemos batido de amorodos, estaba riquísimo....

mércores, 22 de xuño de 2016

Fin de Curso

Que ben o pasamos hoxe despedindo o curso....

E aquí o noso baile de despedida...

Bo verán...

Quedan só uns minutiños para que remate este curso e nós queremos facelo desexándovos a todos unhas FELICES VACACIÓNS


mércores, 15 de xuño de 2016

Os Reis e Raíñas do Castelo

E para rematar o noso proxecto dos castelos convertémonos en auténticos reis e raíñas e sentamos no trono real... 









luns, 13 de xuño de 2016

NICO ESTÁ DE CUMPRE


 Hoxe na clase de 6º de infantil celebramos o último cumpre do curso. O noso vagalume Nicolás é un chico xa de 6 anos. Fíxonos unha tarta riquísima e repartiu unhas chuches boísimas. E nós  lle demos un montón de bicos. MOITAS, MOITAS FELICIDADES NICO!!!






martes, 24 de maio de 2016

Convertémonos en cabaleiros

Logo de facer os nosos escudos e espadas xa estamos listos para sermos uns guapísimos cabaleiros e cabaleiras.



















luns, 9 de maio de 2016

O son que me arrola

Un ano máis música e tradicón chegan da man ao cole e hoxe disfrutamos dun espectáculo... que nos gusta cada ano un pouquiño máis. Preme na imaxe e verás

https://photos.google.com/album/AF1QipPK7SxSTlQSl7Vrtj0PbcGX0o7fKmzmhGsZm3o

venres, 6 de maio de 2016

Facemos coroas de Reis e Raíñas

Durante esta semana adicámonos a facer a nosa coroa de Reis e Raíñas, e mirade que fermosas nos quedaron:




























CUMPRE DE CRISTINA

Hoxe  a nosa vagalume Cristina xa fixo 6 anazos. Para celebralo comimos unha tarta que estaba moi boa, repartiunos unhas chuches estupendas e lle demos moitos bicos.
MOITAS, MOITAS FELICIDADES CRIS!!!