mércores, 10 de outubro de 2018
CUMPREANOS DE NADYA
Os vagalumes de 5 anos celebramos o cumpreanos da nosa Nadya, que aínda que está lesionada veu a celebralo con todos nós e trouxo unha tarta e unhas chuches moi chulis. MOITAS FELICIDADES NADYA!!! QUERÉMOSTE!!!
luns, 8 de outubro de 2018
O CUMPRE DE PATRICIA
Os vagalumes de 6º de E.I. seguimos con festa, a nosa amiga Patricia fixo 5 anos. Tróuxonos unha tarta boísima e moitas chuches. Por suposto nós démoslle un montón de bicos. MOITAS FELICIDADES PATRICIA, QUERÉMOSTE!!!
luns, 24 de setembro de 2018
TEMOS NOVA MASCOTA
No curso pasado poidemos disfrutar da compañía de Lúa, unha cadeliña á cal coidamos con moitas ganas. Por iso, este ano non vai ser diferente; ao longo das distintas semanas, cada neno e nena coidará de OTO tan ben como o fixo con Lúa.
Aquí vo-lo presentamos!!!
DESCUBRIMOS NOVOS ESPAZOS DO COLE!
Como xa sabedes, este curso estreamos nova aula na que contamos con motísimos materiais que, pouco a pouco, estamos a descubrir. Nesta ocasión, e por pequenos grupos, poidemos disfrutar de novos puzzles, xogos de construción, de lóxica... E cánto nos gustaron!!!
luns, 17 de setembro de 2018
O CUMPRE DE JAVIER
Hoxe na clase dos vagalumes de cinco anos tivemos festa, o noso Javier fixo cinco anos e celebrámolo con unhas chuches e soplamos a vela da tarta. FELICIDADES JAVIER!!!
MOITOS BICOS!!!
MOITOS BICOS!!!
venres, 14 de setembro de 2018
O CUMPREANOS DE LOLITA
Hoxe celebramos, na clase de cinco anos, o noso primeiro cumpreanos do curso, o de Lolita que aínda que fixo os seus cinco anos no verán quixo celebrarlo con todos nós. Tróuxonos unhas superchuches e unha tarta riquísima. MOITAS FELICIDADES LOLITA.
mércores, 12 de setembro de 2018
BENVIDOS
Os vagalumes dámosvos a benvida ao curso 2018-19 cheo de novas
vivencias e ilusións por compartir con todos vós. Desexamos que todos o
disfrutemos e aprendamos moitas cousas.
mércores, 4 de xullo de 2018
Xa nos graduamos!!!
O pasado 21 de xuño os vagalumes de 5 anos recibiron o seu agasallo de graduación. Así foi o momento:
sábado, 30 de xuño de 2018
O son que me arroupa
O pasado 1 de xuño poidemos disfrutar un ano máis, grazas á colaboración do Concello de Frades, da actuación "O son que me arroupa", da Asociación Socio-Educativa Antonio Gandoy, para o alumnado de preescolar na casa, Educación Infantil e 1º de Educación Primaria. Xa sabes, preme na imaxe e... fotiños!!!
Noraboa!!!
Noraboa vagalumes!!! Unha etapa que rematades... e da que estamos moi orgullosas de vós. Agora... rumbo a primaria, pero recordade que sempre seredes "vagalumes". Moitos bicos e apertas.
xoves, 28 de xuño de 2018
Froita fresca nos recreos
Durante as semanas do 4-8 e do 11-14 de xuño tomamos moita, moita froita nos recreos, dentro do Plan Proxecta: amorodos, cereixas, melocotón,... Preme nas imaxes e verás...
mércores, 27 de xuño de 2018
Ponlle as pilas ao teu bocata
No pasado 19 de xuño, o alumnado de infantil e primaria poido desfrutar de saborosos bocatas grazas á iniciativa "Ponlle as pilas ao teu bocata". Tras a charla todos preparamos o noso bocata do xeito máis saludable e saboroso posible.
Non podes perderte as fotos deste día, preme na imaxe:
Se queres saber máis sobre esta iniciativa fai click na imaxe:
O sabor da aventura está no mar
Un ano máis, disfrutamos dos obradoiros do programa O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR.
Podes ver fotiños premendo na imaxe
Se queres saber máis cousiñas deste programa preme na imaxe.
mércores, 20 de xuño de 2018
CUMPRE DE AROA
Hoxe tivemos festa na aula de 4 anos porque celebramos o último cumpreanos deste curso, o da nosa Aroa, que estaba moi emocionada. A súa mami fíxonos unha tarta preciosa e moi rica que comimos todos ata que algún se lle puxo a lingua azul 😁, Aroa repartiu unhas chuches e nós dímoslle un montón de bicos. MOITAS FELICIDADES!!!
mércores, 13 de xuño de 2018
Actuacións Letras Galegas
E aquí vos deixamos as nosas actuacións na X Romaría das Letras Galegas. Estamos subindo os vídos dos demáis cursos, nos vindeiros días podes velos no blogue do EDLG: natualingua.blogspot.com
xoves, 7 de xuño de 2018
MOITAS FELICIDADES DAVID!!
O curso está chegando ao seu fin e, como moitos nenos e nenas cumpren anos durante o verán, estámolos a celebrar por adiantado!!
Hoxe fixo a súa pequena festa DAVID, e dicimos pequena porque seguimos con varios cativos enfermos que se perderon este día tan especial.
De todos modos, David estivo acompañado polo resto de compañeiros, os cales lle deron moitos bicos e apertas!!
PARABÉNS!!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

































