venres, 23 de xaneiro de 2026

venres, 16 de xaneiro de 2026

Abellas na escola

Hoxe aprendemos moitas cousas da abellas, probamos mel e fixemos unha candea de cera. Pasámolo moi ben. Mirade, mirade. 

mércores, 14 de xaneiro de 2026

Cumple de Sofía Mandayo

Hoxe Sofía Mandayo faise maior e cumpre 6 aniños!!! E, como non podía ser doutro xeito, festexámolo por todo o alto. 


xoves, 8 de xaneiro de 2026

FESTA DE NADAL

Queres ver que ben o pasamos na festa de Nadal? E o noso baile? Deixámos por aquí moitas cousiñas

Cumple de Anxo Andrade

E veña festa!!! Anxo estivo de cumpreanos nas vacacións de Nadal pero non queixo deixar de pasar a oportunidade de celebralo no cole. E xa son 4 aniños!!! 


Agasallos!!!

Que sorpresa nos levamos hoxe ao chegar ao cole de volta das vacacións de Nadal!!! A árbore estaba rodeada de agasallos para todos e todas. Non sabemos quen foi, se o Apalpador, Papá Noel ou os Reis Magos; ou quizais un pouquiño de cada un deles. O caso é que nos fixo moita ilusión abrilos e buscar o paquetiño que tiña o noso nome. 


Volvemossss!!!!

😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊EN BREVE ACTUALIZAREMOS CON COUSIÑAS DO PRIMEIRO TRIMESTRE!!!!

😉😉😉😉😊😊😊😊😍😍😍😍

mércores, 26 de febreiro de 2025

Día de Rosalía

O pasado 23 de febreiro foi o Día de Rosalía. No Ponte o venres 21 e o luns 24 fixemos moitas actividades en torno á autora. 

Lecturas, murais e programa de radio. E, como non, non faltou o CALDO DE GRORIA. 



martes, 18 de febreiro de 2025

Kahoot de Rosalía de Castro.

 Achégase o Día de Rosalía. Propoñémosche este xogo elaborado polo Departamento de Lingua Galega. Anímate con este KAHOOT e demostra o que sabes sobre a autora, deixámoche o enlace clicando na imaxe.


venres, 14 de febreiro de 2025

15F. Día do cancro infantil

Mañá é o día intenrnacional contra o cancro infantil. Esta semana estivemos falando sobre os nenos enfermos (sen profundicar máis) e participamos da iniciativa de ASANOG contruíndo os nosos lazos dourados para darlles forza. O resultado, este fermoso vídeo


xoves, 6 de febreiro de 2025

Entroido 2025

O alumnado de 5º e 6º de primaria preparou o progama de entroido 2025. Tomade nota que nos agarda un mes cheo de actividades!!!

luns, 3 de febreiro de 2025