Sementamos respecto, coidamos a diversidade e hoxe o Ponte florece amarelo.
O amarelo ilumina, o amarelo representa alegría, diversidade e inclusión.
Porque a diversidade tamén florece... 21M: Día Mundial do Sindrome de DownSementamos respecto, coidamos a diversidade e hoxe o Ponte florece amarelo.
O amarelo ilumina, o amarelo representa alegría, diversidade e inclusión.
Porque a diversidade tamén florece... 21M: Día Mundial do Sindrome de DownHoxe gozamos dunha visita moi especial, por terceiro ano consecutivo visitounos o Monbus Obradoiro. A sorpresa desta visita dóunola a súa mascota CHICHA.
Hoxe contamos coa visita dos amigos de Igualarte que, por medio de Afundación Abanca, viñeron ofrecernos dous obradoiros sobre a igualdade. E despois fixemos unhas marionetas ben fermosas
A familia Vagalume aumenta!!! Hoxe recibimos a unha nova compi e pasámolo moi ben ensinándolle todo, todo, todo. Benvida Luciana ás nosas aventuras!!!!
A semana pasada coñecemos a Julia, unha brigadista, e fixémoslle unha entrevista. Con ela aprendemos que as nenas, as mozas, as mulleres,... poden ser todo o que se propoñan. Miraque que ben pasamos con ela.
MOITAS, MOITAS PERO QUE MOITAS GRACIAS familias por poñernos así de guapos; sen a vosa colaboración esta maxia non sería posible.
Os animais do monte non poderían quedar mellor e así de ben o pasamos no desfile de Entroido.
Que semana divertida pasamos cumprindo os mandadiños de Xan Pericán. E que guapos viñemos ao cole. De cocciñeiros, cun peluche, cun detalle dourado, volta ao Nadal e disfrace libre.
Hoxe cumprimos co mandadiño de onte do Meco e a Asociación de loita contra o Cancro Infantil (ASANOG) que nos mandou traer un detalle dourado e facer un gran lazo dourado. Onte o tempo non nolo permitiu pero hoxe sí e fixmeos o noso gran lazo en apoios a todos os nenos e nenas que están a pasar esta enfermidade. E tamén puxemos un tatoo na man, un agasallo de ASANOG
Estes días tamén estamos traballando a amizade, o amor,... dada a proximidade da celebración do San Valentín. Participamos no concurso de debuxos organizado pola biblio do cole facendo un debuxo daquela persoas ou persoas, animais,... ás que queremos moito. E hoxe depositamos o noso corazón no buzón do amorrrr!!!
Hoxe festexamos o xoves de compadres. Os raparigos tentamos coller o compadre ás raparigas e conseguímolo!!! Pasámolo pipa, pero elas terán a revacha o vindeiro xoves!!!