martes, 7 de outubro de 2014

Ceras brandas

Hoxe coñecemos e traballamos cun novo material: as DACS ou ceras brandas. Gustáronnos moito porque pintamos máis rápido ca coas ceras duras.










luns, 6 de outubro de 2014

Proxecto prehistoria

Menuda sorpresa que levamos hoxe. Ao entrar do recreo as nosas mascotas (Lúa, Oto e Bimba) estábannos esperando no corredor cunha vestimenta un pouco "rara".






E había moitas máis cousas que nos levaron a pensar que estaban noutra época: na prehistoria...

Saímos das nosas aulas dispostos a investigar, tocar, manipular,... e comentar que sería e para que serviría todo aquilo que nos trouxeron as nosas mascotas.

E mesmo a profe Diana se puxo un dese vestidos e un óso na cabeza. Fixonos moita gracia.



 
 
 
 
 
 
 

venres, 3 de outubro de 2014

SAÍMOS DE EXCURSIÓN...

Hoxe foi un día especial para nós; fomos ver OS MÚSICOS DE BREMEN. Pasamos algún medo e caéronnos algunhas bágoas pero gustounos moito, moito.


Pero o que máis nos gustou foi ver ao noso profe Julio enriba do escenario. Mirade, mirade:

xoves, 2 de outubro de 2014

Na biblioteca do cole

Hoxe fomos por primeira vez á biblioteca do cole. A mestra explicounos como era o seu funcionamento e aprendémolo de seguido.


Imos de excursión...

Mañá faremos a nosa primeira excursión do curso 2014-2015. Imos ata Santiago para ver "Os músicos de Bremen".

mércores, 1 de outubro de 2014

Irene está de cumpreanos!!!!!

Hoxe é o cumpre de Irene, que xa ten 4 aniños!!!
MOITAS MOITAS FELICIDADES!


Trouxonos unha tarta rica, riquísima...













mércores, 24 de setembro de 2014

Ari xa ten 4 anos!!!

Ari estivo de cumpre en agosto pero, como nos quere moito, quixo festexalo no cole. Así que, aínda que con retraso, MOITAS MOITAS FELICIDADES E BIQUIÑOS DE VAINILLA...




martes, 23 de setembro de 2014

Ainara cumpre tres aniños...

E nós fixémoslle unha festa... porque sí e porque o merece porque nos trouxo unha torta larpeira...
Foi o nos primeiro cumpreanos no colexio e pasámolo moi, pero que moi ben.
Axudámolle a soprar as candeas, cantámoslle "cumpreanos feliz", "happy birthday",... e bailamos

E como non podía ser doutro xeito démoslle un bico... enorme para desexarlle MOITAS MOITAS FELICIDADES!