martes, 18 de novembro de 2014

Cloe está de cumpreanos!

E hoxe seguimos facéndonos maiores. A nosa compi Cloe xa ten tres aniños. Mirade que ben o pasamos na mini-festa que organizamos hoxe.













Que riquísimo estaba o biscoito que nos trouxo. E tamén os trouxo unhas chuches, e para agradecerlle o moito que nos quere e dicirlle que nós tamén a queremos moito, moito démoslle un bico enorme...


luns, 17 de novembro de 2014

Hoxe Noelia está de cumpre!!!

Hoxe foi o cumpreanos da nosa compi Noelia, que xa ten tres aniños.
Como non podía ser doutro xeito cantámoslle o Cumpreanos feliz, Happy Birthday,... e tamén lle axudamos a soprar as candeas porque a ela soíña fíxoselle difícil.
MOITAS FELICIDADES NOE, QUERÉMOSTE MOITO.
E A TARTA QUE NOS TROUXECHE ESTABA... RIQUÍSIMA.












Desexámoslle moitas, moitas felicidades e démoslle un bico fortísimo....


mércores, 12 de novembro de 2014

Día do Péon 2014

Festa do Magosto

O pasado 7 de novembro festexamos o Magosto no colexio. Pasámolo moi ben; primeiro participamos nos xogos que organizaron os profes e despois,.... A COMER CASTAÑAS. Mmmm, que ricas que estaban!!


luns, 10 de novembro de 2014

Facendo peóns

Hoxe foi un día de moito traballo; despois dos cestiños para o magosto toca facer unha peonza para festexar o Día do Peón 2014. Pero nós somos moi traballadores e fixemolas de contadiño.
Primeiro pintamos un círculo e despois pegámolo sobre un cd. A mestra púxolle unha boliña de pin-pon e un corcho e despois... a facer prácticas para mañá.

















mércores, 5 de novembro de 2014

Cestiños para o Magosto

Achégase o Magosto e os peques de tres anos estamos a facer o noso cestiño para as castañas.  Pintamos unhas castañas moi simpáticas para decoralo e fixemos a asiña pintando con rotulador en cartolina.













 

Despois a profe recortou as castañas e pegámosllas ao cestiño; e puxemoslle a asiña. Así de chulis quedaron os nosos cestiños.