martes, 9 de decembro de 2014

Preparando o Nadal

Achégase o Nadal e os vagalumes de tres anos empezamos a decorar a nosa aula. Hoxe puxemos a árbore e pasámolo chachi-piruli.














venres, 5 de decembro de 2014

Xoel está de cumpre. Xa ten tres aniños

Hoxe celebramos o cumpreanos de Xoel. Xa ten tres aniños e para festexalo trouxonos unha tarta... riquísima.

Pasámolo xenial axudándolle a soprar as candeas e cantámoslle o cumpreanos feliz,...
E tamén nos agasallou cunha bolsiña de chuches para cada un de nós.















MOITAS FELICIDADES XOEL!!! QUERÉMOSTE MOITO, MOITO!!




xoves, 4 de decembro de 2014

Facemos colares prehistóricos

Hoxe foi o turno das xoias e colares da prehistoria. Con plastilina fixemos boliñas que logo pegamos no colar.









E despois colocámoslle "pedras preciosas".









venres, 28 de novembro de 2014

Marionetas prehistóricas

Hoxe os vagalumes de 4 e 5 anos fixemos unhas divertidas marionetas prehistóricas. Mirade que ben nos quedaron: