xoves, 19 de marzo de 2015

Practicando cos nosos "bebes": vestímolos, sacámolos de paseo e deitámolos

Hoxe adicamonos a vestir os nosos "bebés" (bonecos que temos na aula). Unha tarefa bastante difícil e que nos levou un tempo facelo pero, os final, conseguímolo.... 



E algúns de nós memos nos atrevemos a darlles a "teta", a "aculanos" no regazo e a collelos en ombreiros. 


















Xa estaban listos para saír a dar un paseo. Os máis pequenos no cocheciño e os outros na silliña.


E despois deste día tan intenso tocou deitalos para que descansasen; e tapámolos coa mantiña que trouxo Elba.



mércores, 18 de marzo de 2015

Cadrados con círculos concéntricos

Hoxe os vagalumes de 4 e 5 anos fixemos o noso cadro de Kandinsky titulado " CADRADOS CON CÍRCULOS CONCÉNTRICOS". Para iso primeiro cada vagalume pintou o seus círculos.
















 Mirade que bonitos!

















Agora xuntamos os cadrados e ..... XA TEMOS O NOSO CADRO DE KANDINSKY.








Lola está de cumpreanos!

Hoxe festa na aula dos vagalumes de tres aniños. 
A nosa compi Lola fíxose maior e xa ten catro aniños.

 Moitas felicidades Lola. Querémoste moito e dámosche moitos, moitos bicos.




Moitas grazas por ese biscoito tan rico e a caixiña de chuches. 




martes, 17 de marzo de 2015

Pintamos os nosos retratos

Hoxe os Vagalumes de 4 e 5 anos estivemos pintando  os nosos retratos con rotuladores de cores. Mirade que divertidos!!!!