martes, 27 de outubro de 2015

Visita especial

Onte e hoxe apareceron no cole uns personaxes un tanto... "peculiares". Viñan dispostos a facernos rir un pouquiño. Algúns de nós tivemos algo de medo pero... coas gominolas que nos trouxeron e as historias que nos contaron quitároonos o medo.

O meu nome

Hoxe iniciamos un novo proxecto: O NOME. A primeira actividade que fixemos foi decorar o noso nome. Quedáronnos moi bonitos.

















Facemos cabazas.... para o samaín

Hoxe adicamos unha anaquiño da mañá a baleirar cabazas e preparalas para a exposicón que están facendo no cole. Mirade que ben o pasamos.

luns, 26 de outubro de 2015

Saímos apañar castañas....

O pasado 21 de outubro saímos apañar castañas, landras, follas,... Fomos todos os vagalumes e pasámolo xenial.

Oto pasa a fin de semana con Brais

Oto e Brais pasaron unha fin de semana superdivertida. Brais e a súa familia levárono ata as Cancelas e déronlle pizza para comer!!!!!!!!




venres, 23 de outubro de 2015

Máis portas terroríficas

Os vagalumes de tres e catro anos tamén fixemos as nosas portas terroríficas. Axudámoslle as profes a preparalas e quedáronnos así de "chulas"



UNHA PORTA TERRORÍFICA

Acércase o Samaín e por ese motivo o noso cole estase preparando cunhas decoracións terroríficas.Este ano decidimos convertir todas as portas do cole en monstruos, pantasmas, bruxas, vampiros... Os vagalumes de 5 anos fixemos unha porta vampiro. Mirade que medo Uuuu!!!

luns, 19 de outubro de 2015

Facemos mostruos

Empezamos a traballar sobre os monstruos e a primeira actividade que fixemos foi crear o noso mostruo. A que nos quedou chulo, chulo?
















xoves, 15 de outubro de 2015

Mensaxe...

Os vagalumes de 4 anos mándanlle varias mensaxes ao "Señor do Medos"... Algo "asustadiños" xa son amigos do señor dos medos e están desexando que volva.

mércores, 14 de outubro de 2015

A caixa do "Señor dos Medos"

E aquí abrindo a caixa que nos deixou o "Señor do Medos". Algúns tivemos algún medo, pero xa non temos medo porque os debuxamos e escribimos e volvemos metelos na caixa para que o Señor do Medos fixese desaparecer todos os nosos medos.

O señor dos medos

Hoxe tivemos unha visita especial. Nas portas das aulas apareceu unha caixa negra cunha mensaxe do "Señor do medos".



martes, 13 de outubro de 2015

OTO vai de viaxe

A mascota dos vagalumes de 4 anos, OTO, empezou a visitar as nosas casas. Esta fin de semana tocoulle visitar a familia de José. Díxome que o pasar moi ben. Aquí o traballo que fixo José e a súa familia para amosarnos esta fin de semana tan especial para eles.




venres, 9 de outubro de 2015

TRABALLO NA HORTA



 Hoxe os vagalumes de 6º de E.I. fomos traballar por primeira vez á nosa horta do colexio a sacar as malas herbas que nos deixaron os nosos compis de 4 anos. A verdade é que o pasamos moi ben.
Primeiro puxemos as botas de traballo. E mans á obra! A sacar herbas.
Como puxemos as mans!!!! QUE DIVERTIDO!!!





xoves, 8 de outubro de 2015

Estreamos horta!!!

Hoxe os vagalumes de catro aniños estreamos a nosa horta!!!!!!! Adicámonos a quitar as "malas herbas", pero non todas porque lles deixamos para os outros vagalumes e os "peques" de 1º e 2º de primaria. Pasámolos xenial.


xoves, 1 de outubro de 2015

Irene fixo 5 anos!!!

Hoxe na clase de 6º de educación infantil celebramos o cumpreanos de Irene, a benxamina do grupo que cumpriu 5 anos. Comimos tarta, cantamos e repartimos uns agasallos moi bonitos e por suposto moitos bicos tamén. MOITAS FELICIDADES!!!!









Tania xa ten tres aniños!!!

Hoxe toca cumpreanos nos vagalumes de tres anos. E toca felicitar á vagalume TANIA, polo seu terceiro aniversario








mércores, 30 de setembro de 2015

Festexamos o cumpreanos de Icía

Hoxe tivemos festa na aula dos vagalumes de 4 anos. A nosa compi Icía estivo de cumpreanos uns días antes de comezar o colexio e hoxe quixo festexalo con todos nós.

Pasámolo xenial, sobre todo comendo esta tarta-tren tan riquísima que fixeron os seus papis, e todas as chuches coas que nos agasallou.
Sopramos as candeas, comemos, cantamos, bailamos,...