Aquí vos deixamos información relativa ao proxecto das emocións que estamos a realizar en colaboración coa FUNDACIÓN MENIÑOS; de momento estamos a traballar cos vagalumes os diferentes tipos de emocións: alegría, enfado, medo,... pero solicitaremos a colaboración vosa para certas actividades (no seu momento seredes informados).
luns, 17 de abril de 2017
Instituto Galego de Consumo
Antes das ansiadas vacacións de Semana Santa visitamos o Instituto Galego de Consumo; se queres ver o que alí fixemos preme na imaxe.
venres, 14 de abril de 2017
Plantamos pementos, tomates e allos
Que ben o pasamos o xoves 6 na horta. Nesta ocasión tocou plantar pementos, tomates e allos. Se queres ver que ben o fixemos, xa sabes... preme na imaxe.
mércores, 12 de abril de 2017
Xogando ás emocións
Días atrás estivamos xogando a expresar emocións; primeiro todos xuntos:
e logo collendo unha carta da caixa das emocións de Draco e Andreia e tentando expresar o que nos indicaba:
e logo collendo unha carta da caixa das emocións de Draco e Andreia e tentando expresar o que nos indicaba:
luns, 10 de abril de 2017
Somos Capitáns de barco...
Antes de rematar o noso proxecto, que non aventura, sobre o mar quixemos converteros por uns minutiños en capitáns de barco. A que estamos guapos...
Portadas Proxecto O MAR
Os vagalumes de 5 anos, para recoller todos os traballos sobre o mar fixemos estas fermosas portadas
sábado, 8 de abril de 2017
Xogamos no areeiro
O pasado 29 de marzo os vagalumes de 4 e 5 anos, como facía tanto, tanto calor na aula, decidimos ir ata o areeiro. Para ver o ben que o pasamos xogando na area coas carretillas, caldeiros, pás,... premede na imaxe.
Comemos algas
O pasado mércores os vagalumes de 5 anos comemos algas. Sabemos que estas pódense comer crúas ou cocidas. Fixémolas dos dous xeitos e invitamos a probalas aos nosos compis de 4º e 5º de infantil.
A mestra mercou dous tipos de algas: unhas naturais, só prensadas pero tal cual son collidas do mar, e outras procesadas en láminas.
Ulímolas e comprobamos que as prensadas tiñan olor a mar e as procesadas non.
Para comelas crúas hai que deixalas a remollo uns 15 minutos e para cocelas precísase máis ou menos uns 30 minutos. As crúas probámolas todos, pero as cocidas só uns poucos nos atrevemos...
Queredes velo??? Premede na imaxe e veredes

venres, 7 de abril de 2017
Felices Vacacións de Semana Santa
Así de contentos nos despedimos ata pasar Pascua. Canto nos queremos!!! O amor tamén é unha emoción.
xoves, 6 de abril de 2017
Pingüíns
Quen non coñece os pingüíns!!! Aos vagalumes de 5 anos encátannos estes animais, dos que sabemos que son aves mariñas que teñen os "pés" palmeados para poder correr máis rápido e que cazan peixes zambullíndo á auga dende a superficie. E moitas máis cousas😉😉😉
E como non podía ser doutro xeito.... tamén os debuxamos. A que nos quedaron chulos???
E como non podía ser doutro xeito.... tamén os debuxamos. A que nos quedaron chulos???
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)