domingo, 26 de maio de 2019

Contacontos Kalandraka

Aínda nos vos amosaramos o ben que o pasamos o 14 de febreiro con Sara e Álex, de Kalandraka, e todos os contos e historias que nos contaron. Preme na imaxe e verás.


xoves, 9 de maio de 2019

Día de Europa

Hoxe é o DÍA DE EUROPA e os vagalumes fixemos coloreamos a bandeira europea e fixemos un colgante.




martes, 7 de maio de 2019

Vermes de seda

O pasado 26 de abril trouxéronnos unha caixiña....



Que será será... decidimos abrila e... trouxéronnos vermes de seda!!!!






 Que contentos nos puxemos mirándoos, tocándoos,... e compromoténdonos a coidalos e darlles de comer todos os días.









martes, 30 de abril de 2019

AS BOLBORETAS


Os vagalumes xa estamos metidos nun novo proxecto moi interesante ¨AS BOLBORETAS¨
Gracias as familias imos tendo xa material para coñecer estes insectos tan bonitos.



Temos tamén uns vermes de seda que estamos coidando para observar o ciclo das bolboretas e ver como se transforman.
Estes vermes comen un montón e xa remataran toda a comida que tiñan, así que fumos buscarlles máis e aprendimos que soamente comen follas de moreira. Trouxemos unas cantas e démosllas. COMO COMEN!!!








luns, 1 de abril de 2019

A VOLTA DUNS AMIGOS

O pasado venres volveron ao cole de Pontecarreira uns amigos de catro patas moi especiais, os nosos cans preferidos: Bela, Noa, Cuscús, Travis, Aldo, Cork, Soto e un cachorriño chamado Blue. Pasámolo moi ben con eles. Peiteámolos, paseámolos e aprendimos como se miden os cans para poder ordenalos de máis grande a máis pequeno. Foi moi divertido!!!



CUMPLE DE DANIELA!
O pasado venres celebramos o cumple de Daniela. Xa ten 4 anos.Troúxonos chuches para tod@s.  MOITAS FELICIDADES DANIELA!!



                            







venres, 29 de marzo de 2019

SEGUIMOS CELEBRANDO ANIVERSARIOS!!

O mes de Marzo está sendo un mes moi movido en canto a aniversarios se refire, xa que o de Nuria é o terceiro que celebramos no cole!!
Que maiores nos estamos facendo!
PARABÉNS PRINCESA.


mércores, 27 de marzo de 2019

PANTALLA DE XINZO

Rematamos este proxecto do Entroido tradicional galego cunha máscara de Pantalla que fixeron Gabriel e a súa familia na casa. Impresionante ver o ben feita que estaba e todo o traballo que tiveron que realizar para que quedara así de chula.
Moitísimas gracias por todo o que colaborastes!!


FELICIDADES IKER!!

Un novo vagalume celebrou no día de hoxe o seu quinto aniversario!!
Iker agasallounos cunha morea de chuches e unha tarta de tres chocolates boísima.
PARABÉNS!!




xoves, 21 de marzo de 2019

DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN

Coma todos os 21 de Marzo, celébrase o Día Mundial do Síndrome de Down.
Desta vez, conmemorámolo a través do visionado dun pequeno vídeo explicativo que nos facilitou a asociación "Down Galicia", a cal nos agasallou cunha pulseira.


martes, 12 de marzo de 2019

PARABÉNS MARTÍN!!

Hoxe celebramos o aniversario de Martín.
Os nosos vagalumes, pouco a pouco, vanse facendo maiores...
MOITAS FELICIDADES!


luns, 11 de marzo de 2019

CUMPLE DE MARTÍN.
O 26 de febreiro Martín cumpriu 4 anos. Troúxonos chuches e nós démoslle motísimos bicos. MOITAS FELICIDADES MARTÍN!







venres, 8 de marzo de 2019

8M

Como ben sabedes, cada 8 de Marzo celébrase o Día da Muller.
Este ano, a actividade programada para todo o colexio consistía en escribir palabras significativas sobre este día en bocadillos de cartolina de cor morado.
Os nenos e nenas de 4 anos, consideramos que o máis importante é seguir "LOITANDO" pola igualdade de oportunidades entre os homes e as mulleres.
Elas e eles téñeno claro. E vós???


mércores, 6 de marzo de 2019

Entroido

https://photos.google.com/share/AF1QipOfpPsxXszMzukPQvhlJVZHfPkKTFX4kN-V-mlNW0HOu1rHCJvQ7cH-RDfk4SJB9A?key=RkJXQUNMdEI2c2lKNldISjlXUTFUem5RNm1MbnFRQue ben o pasamos no día do desfile do Entroido cos nosos super-disfraces. E se queres ver todas, todas as fotos do desfile (que son un montón, jaja) nesta imaxe












xoves, 28 de febreiro de 2019

XOVES DE COMADRES

Unha semana despois do xoves de Compadres, celebramos o de "Comadres" ou, como dicía algunha nena polo cole... "A venganza das Comadres"!!!
Neste caso, eran os nenos os encargados de elaborar as súas bonecas e tratar de escapar das nenas para que non llas quitasen. Temos que dicir que non llo puxeron nada fácil. Mirade!!









luns, 25 de febreiro de 2019

DÍA DE ROSALÍA

Como cada 24 de febreiro, celebramos o Día de Rosalía, e no colo non ía ser menos!!
Por iso preparamos estas máscaras tan especiais.


XOVES DE COMPADRES

O pasado xoves celebramos no cole o "Xoves de compadres", unha tradición na que as nenas teñen que fabricar un boneco que os nenos lle deben quitar. Para evitalo, a única solución é correr moito!




domingo, 24 de febreiro de 2019

UNHA GRAN EMOCIÓN

O pasado venres os vagalumes vivimos unha mañá moi emocionante, porque no cole estábannos esperando uns amigos de catro patas moi especiais: Aldo, Milka, Noa, Bela, Travis, Lola e Teixo. Uns canciños moi cariñosos que nos deixaron peitealos, acariñalos e pasealos. Estes canciños volverán a visitarnos todos os meses porque nos fixemos moi bos amigos.
QUE BEN O PASAMOS!!!







mércores, 20 de febreiro de 2019

SEGUIMOS CO ENTROIDO.
Mañá é xoves de compadres e o  próximo xoves o de comadres, polo que, os vagalumes de 3  xa temos prepadados os bonecos e bonecas. Mirade que chulos nos quedaron.
ESTAMOS PREPARADOS PARA CORRER!!!




venres, 15 de febreiro de 2019

DÍA DOS NAMORADOS.
Os vagalumes de 3 anos tamén participamos no concurso de cartas de amor e o 14 de febreiro fixemos brochetas con froitas. Mirade que ben nos quedaron e nin vos podedes imaxir o ricas que estaban.